O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 29 de juliol de 2009

Consulta, enquisa e disparate

Ler en Galicia-Hoxe 29-07-2009

O galeguismo cordial (cor cordis) de Ramón Piñeiro reclamaba esoutro día o señor Núñez Feijóo, agharrado cal se o adxectivo formase parte dun xénero literario que nin sequera sabe o presidente da Xunta de Galicia. Invocaba a Castelao na súa ofrenda en San Domingos de Bonaval, e a min paréceme que ignora vida e obra, dende logo ben distante e distinta do que representa el aquí e acolá; e metidos en ignorancias, de Ramón Piñeiro ben pouco ou nada sabe, con tanto traballo e tantos desvelos para facer desaparecer o galego no ensino, e se non é facelo desparecer, si reducilo a unha presenza máis que ridícula, miserábel, e para iso conta coa aquiescencia e asesoramento dos ínclitos Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo, que intentan acomodar as ideas galegófobas do PP e de FAES aznarianas a unha "paz perpetua" (morte e desaparición) cal símil do opúsculo kantiano. Sobre a paz perpetua, pero tal texto é moito para eles, por iso facemos simplemente alegato só do símil, da similitude.

Vázquez aclara que contratou dúas empresas para a enquisa

Ler en Galicia-Hoxe 29-07-2009

A Consellería de Educación contratou dúas empresas para realizar a súa consulta sobre o uso do galego no ensino, puntualizou onte o titular do departamento, Jesús Vázquez, despois de recoñecer que o escrutinio dese referendo o realizaba un ente privado e non o persoal da propia consellería, como asegurou o conselleiro nun principio. Ao parecer, segundo a Mesa pola Normalización Lingüística, a empresa encargada do escrutinio é de Valencia.

«Trasladamos á xestión política a cordialidade lingüística dás rúas»

Ler en La Voz de Galicia 29-07-2009

Feijoo incorporou á súa reflexión sobre a xestión do seu Goberno todas as medidas do programa electoral, con independencia do seu nivel real de execución. Así, a pesar de que aínda queda tea por cortar na derrogación do decreto que regula o uso do galego no ensino, o presidente se jactó de trasladar «a liberdade e cordialidade lingüística dás rúas á xestión política», coa reforma da Lei dá Función Pública. No mesmo ámbito, cualificou de «medida dun calado democrático sen precedente» a consulta aos pais cuxos resultados aínda non presentou Educación.

Educación: mentres non haxa outro decreto hai que cumprir a legalidade

Ler en Vieiros 29-07-2009

"Mentres o decreto sobre o galego no ensino se manteña vixente, esa será a legalidade que hai que cumprir". Esta é a resposta da Consellaría de Educación á proposta de Galicia Bilingüe, quen animaba aos pais a mercar os libros de texto para o vindeiro curso escolar en castelán, mesmo en materias impartidas en galego. Na mesma liña, o secretario xeral de Educación, Xosé Luís Vázquez Fernández, advertiu que, a día de hoxe, "está claro que materias se van a impartir en lingua galega e cales en lingua castelá" polo que entendeu que o lóxico sería que "para as materias que se imparten en galego se merquen os libros en galego e viceversa.

Convidan os pais a comprar libros de texto en castelán aínda que as materias se dean en galego

Ler en Vieiros 28-07-2009

"A adquisición e o uso nas aulas de libros de texto e material didáctico en castelán é perfectamente legal". Así comeza un comunicado distribuído por Galicia Bilingüe, no que anima os pais a que merquen este tipo de material "no idioma oficial que prefiran".

dimarts, 28 de juliol de 2009

A Mesa di que o conselleiro de Educación recoñeceu que "nos estivo a mentir todos estes días"

Ler en GZnacion 27-07-2009

A asosiciación sinala que Xesús Vázquez afirmou hoxe "que contratou os servizos dunha empresa para o reconto da pseudoconsulta, algo que negara reiteradamente a semana pasada"

Un proyecto prevé recopilar dos millones de topónimos gallegos

Ler en Xornal de Galicia 27-07-2009

La Comisión de la Toponimia de Galicia, que pretende salvar este patrimonio inmaterial, analizó el 34% del territorio gallego y recogió más de 400.000 topónimos por el momento.

Entrevista a Alberto Núñez Feijóo

Ler en Xornal de Galicia 28-07-2009

Non lle inqueda que poida pasar á historia como a persoa que desatou o conflito co galego nunha comunidade na que había paz lingüística?
Cando a algún se lle imputa un delito e nin estivo no lugar dos feitos nin coñece a vítima, séntese absolutamente tranquilo. Eu comprendo que agora algúns que non saben exactamente que pasou nas eleccións intenten dicir que o señor Feijóo é un representante da dereita mesetaria. Estou tan tranquilo pola miña orixe, educación e familia que, honradamente, da mesma maneira que me nego a ter un medidor de galeguismo nin de amor a terra, cando escoito falar disto e vexo as súas orixes e a súa forma de facer carreira política, prodúceme un sorriso, respectable, pero un sorriso. Hai distintas maneiras de protexer: unha é impoñer e a outra é convencer. Hai distintas formas de enfocar o asunto: isto hai que facelo por decreto e isto hai que facelo por convencemento. Unha actitude é porque teño o DOG e vouno facer e outra porque a cordialidade nas linguas é a que se ten que impoñer na comunidade autónoma. Eu vou optar sempre pola segunda fórmula.
Cre que había problema?
Temos un problema que non inventei eu. O señor Caldera di que unha das razóns polas que o PSOE non revalidou o Goberno foi porque se equivocou na súa política lingüística. O ex presidente da Xunta dixo en campaña electoral que non cometería o erro da imposición lingüística. E está publicado. Outro señor, José Blanco, dixo que antes cando viña a Galicia falaba en galego pero que agora, como consecuencia da política lingüística da Xunta, falaba en castelán. Está publicado tamén. Aquí temos un problema e vou facer todo o posible para resolvelo. Quen non o queira ver está equivocado. A diagnose está feita. Temos unha lingua que non está en avance, que empeza a haber persoas que non están de acordo no seu emprego, sobre todo os pais con nenos en idade escolar. Temos alumnos, non o digo eu, está publicado, que consideran o galego como unha materia obrigatoria e que non a consideran interesante. A diagnose está feita e imos ver como tratamos o problema. Eu dígoo con cordialidade, intelixencia e con persuasión.
Porén, aínda non se saben os resultados da enquisa que lle pasaron aos pais. Á oposición sónalle que se está cociñando un menú ao gusto de Galicia Bilingüe....
A oposición pode opinar sobre o galego. É a súa obriga, pero creo que os pais tamén teñen dereito a opinar, por iso se fixo a enquisa. Políticos, sindicatos, colexios profesionais, editorialistas, articulistas opinan todos os días. Paréce me que os pais, que suman medio millón de galegos, teñen tamén dereito a opinar. A enquisa fíxose con tantas seguridades que neste momento hai que ir folla por folla, non ten un tratamento informático, un lapis óptico. Hai dez ou quince posibilidades distintas. A enquisa está sendo custodiada pola inspección educativa, que é o máximo órgano que temos nunha consellería, e será presentada antes de que remate xullo. Estamos cumprindo taxativamente o que dixemos. Somos criticados por non derrogar o decreto; sorprendente. Agora somos criticados por facer a enquisa; sorprendente, tamén. Ser criticados polos extremos non nos preocupa. Preocúpanos ser fieis co que dixemos. No programa electoral estaba a enquisa para coñecer por primeira vez en Galicia non a opinión dos políticos, que xa a coñecemos, senón a dos pais. A partir dela elaboraremos un proxecto de decreto onde teñamos en conta a cooficialidade das linguas, a necesidade de coñecer as dúas, a orientación pedagóxica que os pais solicitan ao Goberno e o criterio dos profesores.
Pero aos pais non se lle pregunta se lles gustan as matemáticas ou a física para o seu cativo. Séntese prisioneiro de Galicia Bilingüe? Non teme que ao contentar a ese colectivo descoide a á máis galeguista do PP?
Nós non lle preguntamos aos pais se lles apetece que os seus fillos aprendan galego. O galego é unha materia obrigatoria e vaino seguir sendo como as matemáticas. Nós sometémonos ao veredicto da xente. Hai algo máis democrático ca isto? En moitísimos países do norte de Europa hai referendos decote. Nós como arrancamos do referendo da OTAN, no que primeiro había que entrar e despois non, ao mellor non lle damos valor. Pero isto é unha consulta. Hai algo máis democrático?
De onde vén a súa paixón por un nacionalista como Castelao?
Pois moi fácil, porque Castelao foi o apóstolo da palabra e o apóstolo da identidade galega e do orgullo de ser galego. Castelao, igual que Brañas, Ramón Otero Pedrayo e Ramón Cabanillas, é patrimonio dos galegos. Eu non teño un busto de Castelao no despacho. Hai outros políticos que si o teñen e paréceme moi ben, pero que non se esqueza ninguén que Castelao non é patrimonio de ningún partido político, Castelao é patrimonio de Galicia.
Pero era un nacionalista.
Un nacionalista? Castelao sempre tivo clarísimo que Galicia formaba parte de España. É máis, chamaba a Galicia rexión. Someto a consideración o que dixo Castelao do Estatut de Catalunya naquel momento, que se manifestou en contra. Eu pregunto: non é bo que o presidente da Xunta considere que Castelao é un dos autores que debe de guiar determinados comportamentos políticos? Iso é malo? Se non é malo, cal é o problema? Ou é que algún cre que está en posesión... Non quero faltar ao respecto, pero había algúns que crían que tiñan as esencias da relixión e Cristo considerounos fariseos. Polo tanto, aquel que patrimonialice de forma excluínte determinadas figuras do galeguismo ou de Galicia, debería reflexionar. Cando teña a oportunidade de falar como presidente democrático de Galicia, e levo cen días, vou seguir citando a Castelao e a outras persoas que, me parece, alumean os camiños que ten que seguir Galicia. Podo estar o 80, 90 ou o 100% de acordo coa obra de Castelao, pero a súa obra ten que ser reivindicada por calquera presidente da Xunta. Eu, polo menos, vouno facer.
Non é que se poñan en dúbida as súas palabras, pero coa supresión do galego nas oposicións, a lingua sufriu o primeiro gran revés na historia da autonomía...
Se se fixera iso, si, pero iso non se fixo. É outro espellismo. Nós volvemos recuperar o consenso do galego nas oposicións. Durante 27 anos de autonomía entrouse sempre do mesmo xeito, salvo un ano no que se rompeu o consenso. Dos 90.000 empregados públicos de Galicia, salvo os transferidos polo Estado, sempre entraron do mesmo xeito, que é de acordo á modificación da Lei da Función Pública que planeamos: acreditar o coñecemento técnico en galego ou en castelán, como queira o opositor, e posteriormente acreditar o coñecemento do galego a través dos títulos que expide a dirección Xeral de Política Lingüística ou, de non telos, a través dun exame de tradución. Pero se sempre se entrou así na administración pública! Como se pode dicir que suprimimos o galego cando é falso? Sobre as falsedades non se pode vivir moito tempo. Ese é o noso modelo, o que houbo sempre en Galicia e que está feito polo PSOE, o Partido Nacionalista Galego (PNG) e por Coalición Galega. Remítome á Lei da Función Pública aprobada por ese tripartito. Por favor, un pouco de respecto pola historia.

Segregación lingüística

Ler en El Correo Gallego 28-07-2009

Supoño que nin a FAES nin Galicia Bilingüe foron quen -aínda- de que dubidemos a respecto dalgúns conceptos esenciais, sempre comunmente recoñecidos. Que a lingua propia de Galicia é o galego. Que, por unha longa xeira de circunstancias históricas, a nosa lingua atópase na actualidade nunha situación de uso minorizado no seu propio País, malia que é universalmente entendida e falada, lida e escrita pola maioría da poboación. Que o galego constitúe de seu unha riqueza inmaterial, patrimonio de todos os galegos e galegas (tamén dos castelanfalantes) e que a súa perda converteríanos no apéndice noroeste dese complexo Castela-Madrid-Andalucía que hexemoniza a España plurinacional. E, en último de contas, que non existe igualdade real de oportunidades entre ambas as linguas porque calquera pode vivir neste país as 24 horas do día en castelán. No entanto, é imposíbel vivirmos en galego en todo o momento. Seica haberá menos unanimidade, aínda que penso que si maioría, en recoñecer que o galego, asemade, é unha riqueza economicamente medíbel e que a rede empresarial (microempresarial, ás veces) das nosas industrias culturais, do noso audiovisual, das nosas editoriais e dos nosos medios de comunicación teñen moito ver cunha Galicia distinta e singular, dona dunha lingua e cultura de seu. Que o galego é unha porta privilexiada que abre inmensas posibilidades económicas e culturais cara ós 230 millóns de brasileiros e demais utentes europeos, africanos e asiáticos do portugués. E que a nosa Galiza representa só o 6% da poboación do Estado e o 5% do seu PIB, polo que precisa do recoñecemento e potenciación da súa singularidade para que os seus intereses sexan respectados.

O conselleiro de Educación recoñece que se contratou unha empresa para a enquisa

Ler en Vieiros 27-07-2009

Vázquez reitera que os resultados se coñecerán en breve e a Mesa pregunta porque negara anteriormente a contratación.

15 claves para a promoción do galego

Ler en Vieiros 27-07-2009

O V curso de verán 'Traballando en lingua' da Universidade da Coruña (UDC), da Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL) e do Concello de Carballo estabeleceu 15 conclusións que avogan por "cambiar o discurso" na promoción do galego."Cómpre dotar os discursos sobre a lingua de argumentos novos, imaxinativos, modernos, claros, rigorosos, integradores, coherentes, firmes e conciliadores". Esta é a principal conclusión das xornadas organizadas os días 15, 16 e 17 deste mes e que agora se publican, xunto con diverso material de traballo, agrupadas en 15 pautas.

dilluns, 27 de juliol de 2009

“Gañar as eleccións non lexitima a destruír unha base da nosa convivencia”

Ler en Galicia-Hoxe 27-07-2009

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é director Xeral de Edicións Xerais de Galicia, dende o mes de xaneiro de 1994. Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago (1976-1981). Profesor de educación infantil e primaria en excedencia, dende o ano 1990, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

El Bloque denuncia que a Xunta «está cociñando vos datos» da enquisa sobre o galego

Ler en La Voz de Galicia 27-07-2009

Dous deputados do BNG no Parlamento galego rexistraron unha iniciativa pola que demandan á Xunta que explique a metodoloxía que está seguindo para realizar a consulta aos pais sobre o uso do galego no ensino.

dissabte, 25 de juliol de 2009

Castelao: sempre na Patria, sempre en galego

Ler en Galicia-Hoxe 25-07-2009

Eis unha homenaxe a Castelao feita por Xosé Filgueira Valverde que en diferentes xeiras foi reunindo un material moi heteroxéneo que foi dando ao prelo baixo a denominación de Adral desde a década dos anos 70. O adro, ese espazo ao abeiro das igrexas, ten para Filgueira esa resonancia sagrada daquelas cousas ou persoas nas que é mester reparar e neste monográfico realiza unha semblanza íntima, artística, intelectual, do compromiso e da parte humana e creadora do rianxeiro.

O BNG lembra que "son moitas as persoas discriminadas por falar galego"

Ler en GZnacion 24-07-2009

Os nacionalistas sacan á luz un recente caso de discriminación ocorrido en Compostela, e consideran que os traballadores que teñen problemas por falar o noso idioma "non o denuncian para non perder o seu traballo"

Manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Lectura pública na estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela
24 de xullo de 2009

Enlace ao manifesto

Os escritores galegos denuncian "a política de odio" ao idioma do PP

Ler en Xornal de Galicia 25-07-2009

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) leu hoxe un manifesto para reivindicar o idioma propio de Galicia fronte á política de "odio" da Xunta que "ameaza con derrubar o edificio que os séculos levantaron", en palabras do presidente fundador da AELG, Bernardino Braña.

Miles de persoas reivindican a lingua galega como o "maior patrimonio inmaterial"

Ler en Xornal de Galicia 25-07-2009

Miles de persoas sumáronse hoxe á manifestación convocada polo BNG en Santiago, con motivo do Día da Patria, para reivindicar a lingua galega como "o maior patrimonio inmaterial" de Galicia e o dereito dos cidadáns a un posto de traballo na comunidade.

Feijóo asegura que no permitirá segregación por idioma en las aulas

Ler en El Correo Gallego 25-07-2009

Insiste, no obstante, en que derogará el decreto del gallego

El presidente aboga por un galleguismo abierto y sin presiones con la lengua

Ler en Faro de Vigo 25-07-2009

El presidente de la Xunta , Alberto Núñez Feijóo, apostó ayer, durante la ofrenda floral a Castelao, por un "galleguismo abierto" y un "bilingüismo cordial" que esté por encima de los intereses de partido.

divendres, 24 de juliol de 2009

Críticas á "división" que está a crear co idioma Núñez Feijóo

Ler en Galicia-Hoxe 24-07-2009

O Instituto de Estudos Políticos e Sociais fai público o seu informe anual do 25 de xullo e reclámalle ao Goberno que non xogue coa lingua

A CIG acusa a Xunta do PP de invalidar a lingua propia

Ler en Galicia-Hoxe 24-07-2009

O sindicato da CIG considera que a Administración galega padece actualmente un "bilingüismo preautonómico" e defende o dereito dos galegos a viviren no seu propio idioma. Nunha roda de prensa celebrada onte en Compostela, o responsable de CIG-Autonómica, Manuel Gallardo Canitró, reprobou o "ataque continuo" do novo Goberno autonómico á lingua galega "coa escusa de que se está discriminando o español", polo que pediu que se cumpra a legalidade vixente en materia lingüística.

Guillerme Vázquez: "Feijóo non está facendo ningunha harmonía, está impoñendo o unilingüismo español"

Ler en Galicia-Hoxe 24-07-2009

O líder nacionalista, que debuta mañá no Día da Patria cun discurso centrado na defensa do idioma e do emprego, chama a toda a sociedade a acudir á manifestación en Compostela ante o panorama "moi preocupante" que, a piques de cumprir cen días, está a propiciar a Xunta do PP

Bieito Lobeira: "Galicia Bilingüe representa o peor do noso país"

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

Bieito Lobeira é duro. Duro cando fala do PP e duro tamén á hora de defender a lingua galega. Para o nacionalista “a sociedade debe mobilizarse a prol do galego”. Ten experiencia en mover masas, por algo foi un dos promotores de Nunca Máis.

Francisco Cerviño: "En cuestións de lingua faltounos máis pedagoxía"

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

O deputado Francisco Cerviño xa leva anos no Pazo do Hórreo. A súa experiencia capacítao para comparar as políticas lingüísticas dos dous partidos populares que tivo a Xunta. “Feijóo meteuse en campaña nun xardín e agora non pode saír del. Con Fraga había un consenso, polo menos de xeito formal, que xa é algo”, conta.

Agustín Bahamonde: "O atraso da enquisa crea incomodidade"

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

A Agustín Bahamonde non se lle pilla facilmente. A pesar do torrente de críticas que espertan as políticas en materia lingüística que está a seguir o PP sempre atopa unha resposta. “A ninguén se lle oculta que un núcleo importante do partido defende o castelán e que tamén hai outro que defende o galego”, di cando é preguntado por unha suposta fenda dentro do PP por mor do idioma.

Tres forzas, tres visións e unha lingua

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

As tres grandes formacións de Galicia aman o galego. Polo menos iso é o que afirman. Non obstante, dende a chegada do PP á Xunta de Galicia, a polémica polas políticas lingüísticas que se están a desenvolver medra día a día. Os portavoces en materia de idioma dos tres grupos parlamentarios, Agustín Bahamonde, Francisco Cerviño e Bieito Lobeira, só coinciden nunha cousa, en que “a lingua debe saír do debate político”. Non obstante, hai diferenza de criterios en torno a quen é o responsable de que o chamado “conflito lingüístico” se fixese un oco destacado na vida política.

Lorenzo asegura que a consulta sobre o idioma non é un“referéndum”

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

“É unha consulta, non un referéndum”. Así definiu o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a enquisa sobre o uso do galego no ensino aos pais, cuxos datos a Consellería preve facer públicos os últimos días do mes de xuño.

Seis puntos claves da polémica co galego que rodea o 25-X

Ler en Xornal de Galicia 24-07-2009

ENSINO
O eixe central. O PP vai derrogar o decreto do galego que protexía á lingua no ensino. Tamén acabou coas Galescolas.

CONSULTA
A derrogación do decreto vén acompañada por unha enquisa aos pais que presenta multitude de dúbidas sobre a fiabilidade.

OPOSICIÓNS
A Xunta eliminou as probas en galego para acceder á Función Pública, na que se poderá entrar se manexar o idioma propio.

PARLAMENTO
Por primeira vez, algúns conselleiros xuraron o cargo en castelán e deputados romperon a tradición de usar o galego.

CULTURA
Multitude de mensaxes por parte da Xunta foron entendidos como unha minusvaloración das formas culturais en lingua propia.

MANIFESTACIÓNS
40.000 persoas protestaron contra o PP no Día das Letras Galegas. Pola súa banda, Galicia Bilingüe vixila a Feijóo e critica a Lorenzo.

A política de Feijóo sobre o galego crispa o Día de Galicia

Ler en Xornal de Galica 24-07-2009

O presidente da Xunta foi recibido onte en Vigo con adhesivos a prol do galego durante o acto oficial do Día de Galicia que organizou o Concello

Queremos Galego confirma una protesta a comienzos del curso

Ler en El Correo Gallego 24-07-2009

Para entonces la Xunta ya habrá hecho público el resultado de la encuesta ya que, según confirmó ayer el secretario xeral de Política Lingüística, se darán a conocer en cuestión de días, con más de un mes de retraso sobre las fechas inicialmente previstas. Anxo Lorenzo lo aseguró tras firmar un convenio con el que la Xunta renueva su apoyo a proyectos del Instituto da Lingua Galega como el Atlas Lingüístico Galego. A preguntas de los periodistas, el rector de la USC, Senén Barro, no quiso entrar a valorar la encuesta en sí - "como experto non podo dar unha opinión", dijo-, pero defendió que hai que "seguir impulsando o galego en todos os niveis educativos", incluido el universitario. En el caso de la USC, poco más del 20 por ciento de la docencia se imparte en la lengua de Galicia.

No Xacobeo vai ler até o Pelegrín

Ler en Vieiros 23-07-2009

A Consellaría de Cultura e Turismo considera unha simbiose moi frutífera a do Ano Santo Xacobeo, que se celebrará en 2010, e o enxalzamento do libro e da lectura en Galiza. Deste xeito, o Xubileu verase apoiado pola creación literaria galega e pola incorporación á nosa lingua dos textos fundamentais da área cultural en que nos inserimos, tanto do presente coma do pasado.

Nace a plataforma Queremos galego, a prol da defensa da lingua

Ler en Vieiros 23-07-2009

Constituíuse formalmente a plataforma cidadá Queremos galego, que xurdiu recentemente dunha xuntanza de 40 entidades sociais no Museo do Pobo Galego. Entre as entidades constituíntes son A Mesa, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, Sindicato Labrego Galego, os Comités, Galiza Nova, AS-PG, ADEGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística, as fundacións Castelao e Pedrón de Ouro, ademais de persoas a título individual.

Logo do "bilingüismo harmónico" é a quenda do "galeguismo humanista"

Ler en Vieiros 24-07-2009

A Galiza de Feijoo: "Unha princesa durminte que necesita do bico, e non do berro, para espertar e reinar".

dimecres, 22 de juliol de 2009

A valía científica da enquisa ás familias

Ler en Xornal de Galicia 21-07-2009

Nun artigo anterior considerabamos esta enquisa como un artificio político dirixido a gañar tempo e servir de pantalla lexitimadora de futuras decisións políticas. Esta é a razón que fai máis necesario reflexionar sobre a súa valía científica, mesmo antes de que se publique o informe correspondente. Para iso fixarémonos, sobre todo, en se pode proporcionar o coñecemento que se precisa, atendendo á importancia do que se investiga e ao rigor co que se realizou. Evitaremos facelo en termos de si ou non, procurando no seu lugar artellar xuízos algo argumentados.

Educación nega a contratación dunha empresa para o reconto

Ler en Xornal de Galicia 22-07-2009

A Consellería de Educación negou onte a contratación dunha empresa valenciana que, segundo afirman desde a Mesa da Normalización Lingüística, sería a encargada de levar a cabo o escrutinio das consultas aos pais sobre o idioma. Nunha entrevista concedida esta semana a Xornal de Galicia, o presidente desta asociación a prol do galego, Carlos Callón, asegurou que “á ultima hora a Xunta contratou os servizos dunha empresa de Valencia para levar a cabo o reconto dos datos da enquisa”.

El 60% suspende el examen de gallego que equivale a Bachillerato

Ler en El Correo Gallego 22-07-2009

Más de la mitad de los examinados el pasado mayo en la prueba de Celga 4 no consiguieron alcanzar el aprobado. A este examen, cuyo nivel de gallego equivale al del antiguo título de perfeccionamiento, que se consigue al finalizar Bachillerato, se presentaron 913 personas, de las que el 60 por ciento no consiguieron aprobar.

O Valedor suxire a Sanidade que a información sobre saúde déase tamén en castelán

Ler en La Voz de Galicia 22-07-2009

O valedor do pobo, Benigno Sánchez, enviou unha «suxestión» á Consellería de Sanidade, na que insta a «estudar a conveniencia de realizar todas as campañas informativas que a Administración sanitaria desenvolve coa finalidade de dar información aos particulares, e para chegar a un máximo de destinatarios, en ambas as linguas oficiais da comunidade autónoma galega para poder así conseguir os fins e obxectivos regulados tanto na Constitución como no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Lei de Normalización Lingüística». Sanidade ten agora un mes para responder.

dimarts, 21 de juliol de 2009

Patria-lingua en Novoneyra

Ler en Galicia-Hoxe 21-07-2009

Os discursos e apertura ou clausura que Uxío Novoneyra pronunciou en diferentes eventos, como presidente da AELG, sobre todo nos Galeuzca, sobre lingua, nación e liberdade do pobo galego, conclúen no pensamento nítido que el tiña dos problemas actuais sobre o noso idioma. Polo seu pragmatismo marxista e nacionalista, soubo discernir moi ben as problemáticas que acosan actualmente á nosa lingua e á nosa identidade. No centenario da morte de Rosalía (1985), dixo: Galicia non está clausurada. Non é unha nacionalidade histórica senón simpremente interrumpida, un pobo inda vivo, con idioma vivo; anque a maioría d"ise pobo teña esquecida a sua condición nacional galega como fundamento e petición de soberanía, de autodeterminación, todos nós sabemos, nos sentimos galegos. E xa miles de corazós ardentes velan Galicia cunha clara, firme decisión nacional. Galicia irá definíndose, aclarándose na concencia dos galegos, e cada vez serán menos os que se trabuquen de Patria, que xa é trabucarse. (...) Todos vamos nun mesmo Movimento de Liberación Nacional.

O BNG acusa a Feijóo de ir contra o galego para "facer meritos ante a dereita máis reaccionaria"

Ler en GZnacion 21-07-2009

Para Guillerme Vázquez a fobia do PP contra a lingua galega estriba en que "o idioma é o símbolo da existencia de Galiza como un pobo diferenciado e con vontade de existir e de ter outro peso no Estado español".

GBilingüe, contra la Ley de Educación de Cataluña

Ler en El Correo Gallego 21-07-2009

Galicia Bilingüe está entre la veintena de asociaciones que hoy pedirán al Defensor del Pueblo que interponga un recurso de inconstitucionalidad contra la Ley de Educación de Cataluña. Entre ellas, hay otras organizaciones gallegas, como la Asociación Gallega para la Libertad del Idioma, Lengua Común o la Mesa por la Libertad Lingüística de Galicia, todas críticas con la política lingüística del bipartito, informa Efe.

Compromiso común, horizontal e persistente pola hexemonía social do galego

Ler en Vieiros 20-07-2009

Publicado na internet hai menos dunha semana, a iniciativa concibida como unha "asemblea a campo aberto" xa contabiliza máis de 600 asinantes.

Este luns pola mañá, após só seis días de se facer público, conseguía superar os 600 asinantes. Unha gran medra que vén a facer patente o "movemento en favor da lingua", latente nunha sociedade que se arrepón á "situación crítica" do galego, e á "longa práctica de décadas en que non se fixo o que había que facer".

30 anos de galego no ensino

Ler en Vieiros 20-07-2009

O 20 de xullo de 1979 aprobábase o Real Decreto que regulamentaba a incorporación da lingua galega ao sistema educativo de Galiza.

diumenge, 19 de juliol de 2009

A lingua e o galo montés

Ler en Galicia-Hoxe 19-07-2009

En entrada a primavera, aí entre abril e maio, o galo montés entra en período de celo nas fragas europeas nas que aínda sobrevive. Cada ano, os machos concéntranse sempre á beira das mesmas zonas boscosas, os cantadeiros, entre tesos bidueiros, espiñentos acivros e rexos carballos, onde durante o amencer e no solpor compiten cun cantar, que disque lembra ao do extinto uro -de aí o nome científico de Tetrao urogallus-, por atraer as esixentes pitas do monte.

O idioma galego, sempre

Ler en Galicia-Hoxe 19-07-2009

Nunca acreditei nese aforismo pesimista e reaccionário de que a historia sempre se repite. Non se repite, non. Mais como se move en circunvolucións que configuran unha espiral ascendente no tempo, proxectada esa forma sobre un plano adequire a aparencia dun "círculo vicioso": a única preceptíbel para os que só teñen unha visión plana carente de perspectiva histórica, mesmamente. Hai xa todo un cuarto de século que escribira e publicara o texto que hoxe reedito eiquí para vós. Relino estoutro día por azar e, de sutaque, tiven eu tamén a impresión de se repetir a historia. A do ataque político contra o noso idioma, neste caso, dende as institucións que teñen a obriga constitucional de preservalo, defendelo e amparalo de calisquer agresións. Escribírao por mor do recurso interposto polo goberno español contra a Lei de normalización ligüística aprobada polo Parlamento galego na sua primeira lexislatura, recurso promovido polo daquela delegado dese mesmo goberno na Galiza e quen, para máis cabal humor negro surrealista, viña ser simultáneamente presidente da RAG. Esperpento a duas voces: a dos que tiñan a obriga de protexer a diversidade lingüística existente no ámbito do Estado, constitucionalmente declarada como patrimonio cultural a preservar, e máis a de quen presidía a institución que outrora presidira Murguía, criada a iniciativa dos emigrados galegos na Habana para a defensa e promoción do seu idioma xenuino, o idioma ao que nen mesmo na emigración eles renunciaban, o idioma propio da Galiza.

Os resultados da consulta "non lle interesan ao PP", segundo A Mesa

Ler en Vieiros 19-07-2009

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou este domingo que a Xunta está a demorar en facer públicos os resultados da consulta sobre o galego no ensino "porque non son os que o PP querería".

En Polonia escriben teses en galego sobre Fran Alonso


Joanna Włodarczyk, tradutora do libro ao polaco, defendeu Universidade de Varsovia un traballo sobre a lingua empregada polo autor.

dissabte, 18 de juliol de 2009

Manuel Rivas: “O PP instalou unha oficina de deconstrución do galego”

Ler en Xornal de Galicia 18-07-2009

Manuel Rivas toma o seu tempo para falar. Cada verba que sae dos seus beizos está meditada e cada metáfora que fía vén a explicar o que é sociedade galega. A Rivas non lle gusta este Goberno, cualifícao “de segunda”. Tamén é crítico coa oposición e coa dimisión de Emilio Pérez Touriño e de Anxo Quintana das súas respectivas formacións: “Debes dimitir, máis debes facelo cando teñas todo preparado”.

Feijóo: "Los resultados de la encuesta del gallego estarán listos este mes"

Ler en El Correo Gallego 18-07-2009

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegura que el compromiso de Educación es tener los resultados de la encuesta del gallego antes de que acabe el mes y atribuye el retraso en los resultados, cuya previsión de publicación era la primera quincena de julio, a su "difícil" tramitación.

Os socialistas acusan á Xunta de preparar unha «gran fraude electoral» coa enquisa sobre o galego

Ler en La Voz de Galicia 18-07-2009

O Grupo Socialista achacou onte o atraso da Xunta en divulgar os resultados da enquisa sobre o uso do galego no ensino, que deberían estar listos na primeira quincena deste mes, á preparación dunha «gran fraude electoral». O deputado Guillermo Meijón considerou que todo o proceso de elaboración desa sondaxe resulta «frívolo, falaz, dunha viabilidade técnica máis que cuestionable e impropio dun Goberno serio».

divendres, 17 de juliol de 2009

Seráns, polavilas e fiandóns

Ler en Vieiros 17-07-2009

A Asociación de Escritores en Lingua Galega incorpora na súa web gravacións que rescatan do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical do país.

Ou galego actual chega aos 25 millóns de formas, un 25% máis que hai dous anos

Ler en La Voz de Galicia 17-07-2009

O Corpus de Referencia do Galego Actual (Corga) elaborado polo Centro Ramón Piñeiro, atinxiu vos 25 millóns de formas, un 25% máis que as recoñecidas non primeiro semestre do ano 2007. Ainda que as prepodiscións son ao formas mais frecuentes, entre vos substantivos vos mais habituais non galego son «anos», «tempo», «dia» «vida», «casa» e «home».

Estudos galegos, remexemos na hemeroteca: A lingüística hoxe

Ler en Vieiros 17-07-2009

Achegámosvos o número que inclúe o artigo "Planificación lingüística en Galicia", da autoría do actual secretario xeral de Política Lingüística.

O galego, polo de atracción para estranxeiros

Ler en Vieiros 17-07-2009

De Grecia, de Polonia, de Rusia, de Chile ou de Albacete. As orixes daqueles que queren aprender galego son moi variadas, tanto como os seus motivos. Dende aqueles que se achegan á nosa lingua dende as filoloxías estranxeiras, até aqueles que o fan para comprender máis a nosa música, ou os que atopan no galego unha ponte de unión cos países lusófonos. No Instituto da Lingua Galega (ILG) levan 22 anos ofrecendo esta posibilidade aos estranxeiros por medio de cursos de verán nos que se profunda no idioma, mais tamén na cultura, a literatura ou mesmo a paisaxe e xeografía galegas.

dijous, 16 de juliol de 2009

O Centro Ramón Piñeiro fornece novas ferramentas web para o estudo da lingua

Ler en Vieiros 16-07-2009

O secretario xeral de Política Lingüística asegurou que apostará pola presenza do galego nas novas tecnoloxías.

Lorenzo di que cómpre garantir a transmisión do galego

Ler en Galicia-Hoxe 16-07-2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, expuxo onte a necesidade de pór en marcha programas e liñas de actuación que garantan a permanencia, transmisión e proxección futura da lingua, obxectivos cos cales dixo que está comprometido tanto o seu departamento como a Consellería de Educación e o Goberno galego.

Armas contra a exclusión

Ler en Galicia-Hoxe 16-07-2009

A deturpación da linguaxe que entraña o uso que os defensores da exclusión do galego lle están a dar a conceptos como imposición, liberdade lingüística ou plurilingüismo.
A negación do pobo galego como suxeito de dereitos que comporta a defensa cínica dun suposto bilingüismo. A inconstitucionalidade da segregación do estudantado por razón de lingua. O incumprimento por parte dos poderes públicos da súa obriga de promover as condicións para que a igualdade sexa real e efectiva, e deste xeito os galegofalantes non sexan discriminados. A historia da imposición do castelán en Galicia. A memoria da castelanización da onomástica. A contextualización e explicación do proceso de estandarización do galego, e a reflexión sobre a necesidade de afianzarmos un modelo culto de lingua.

Los que no saben gallego podrán optar a ser funcionario

Ler en Faro de Vigo 16-07-2009

Las listas de candidatos para opositar a un puesto de funcionario en la Administración gallega estaban cerradas y los opositores a las más de 2.000 plazas que oferta Galicia esperaban ansiosos la fecha del examen final, tras apuntarse en la primera convocatoria en septiembre de 2008. No obstante, la reforma de la Ley de Función Pública en Galicia, que exime del examen eliminatorio de gallego, ha dado un giro de 180 grados en el proceso, mermando las expectativas de los aproximadamente 12.000 candidatos apuntados en primera instancia.
La Xunta ha abierto un plazo extraordinario para optar a las oposiciones al cuerpo de funcionarios de la Administración facilitando la entrada de candidatos de otras comunidades autónomas que en su momento renunciaron a presentarse en Galicia debido a la obligatoriedad de dominar una de las dos lenguas cooficiales: el gallego.

Estudos Galegos, remexemos na hemeroteca: estudos medievais

Ler en Vieiros 15-07-2009

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal. Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudos Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.

dimecres, 15 de juliol de 2009

"Falta compromiso na CRTVG na cuestión lingüística"

Ler en Vieiros 15-07-2009

A televisión marca o modelo dunha lingua, aquí, en Gales, e tamén en España; "a Academia ten a autoridade, pero a os medios teñen o poder lingüístico", díxose na mesa. Ramón Novo, lingüista da TVG, a xornalista Belén Regueira, e os profesores Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira participaron na mesa, na que se falou da corrección do galego empregado nas emisións da canle pública de Galiza e a súa influencia na sociedade, partindo da diagnose de que a lingua empregada está lonxe de ser aceptábel, principalmente pola transposición de estruturas do castelán e a ausencia en moitos locutores dun galego xenuíno (pobreza fonética, prosodia incorrecta...), aínda que os participantes concordaron en que "non hai un 'galego da TVG', senón que hai moitos distintos".

Sae á luz a rede galeguista do PSdeG

Ler en Galicia-Hoxe 15-07-2009

Os galeguistas que hai no PSdeG reivindican o seu espazo. Un colectivo encabezado e coordenado polo concelleiro e secretario xeral dos socialistas no Porriño, Iván Vaqueiro, está a piques de saír á luz pública. Fanse chamar Rede Galeguista do PSdeG e este próximo sábado farán a súa presentación oficial, na galería Sargadelos de Compostela, ás 11.00 horas da mañá. O seu obxectivo é organizarse internamente dentro do PSdeG para potenciar o galeguismo no discurso e na acción política do partido e investigar máis a fondo os problemas propios do país. Queren que os aspectos de identidade, lingua e cultura galega se remarquen máis no discurso oficial que está a levar a cabo o PSdeG.

A Xunta cambia 14 procesos selectivos para incorporar o castelán en próbalas tipo test

Ler en La Voz de Galicia 15-07-2009

A comisión de persoal da Administración autonómica acordou modificar 14 procesos selectivos como consecuencia da aplicación da reforma da Lei dá Función Pública impulsada polo Goberno de Feijoo, que incorpora a redacción en castelán do texto de próbalas tipo test que ata agora estaban elaboradas en galego. Entre esas 14 convocatorias figuran as das escalas de arquitectos, inspección de consumo, xestión de sistemas de información, auxiliar de informática e inspección turística.

Un novo manifesto on line reclama a hexemonía do galego

Ler na web de Cultura Galega 15-07-2009

Continúan a xurdir iniciativas en defensa do galego por todo o país. Na rede pode asinarse xa o Manifesto pela hegemonia social do galego, que chama á sociedade a transmitir e defender a lingua e denuncia o "darwinismo social" das políticas da Xunta sobre a mesma. Pola súa banda, en Ferrol acaba de se constituír a plataforma Ferrol Fala Galego, que quere promover o emprego da lingua, denunciar casos de discriminación e apostar polo monolingüísmo social. Estas iniciativa súmanse ao recente Manifesto polo galego na Igrexa que promoveu o Foro de Curas Galegos.

dimarts, 14 de juliol de 2009

A Xunta dálle as costas ao software libre galego

Ler en GZnacion 13-07-2009

Dende o BNG denuncian a falta de apoio do Goberno ás empresas TIC galegas e amosa a súa preocupación polo futuro de iniciativas como MANCOMUN ou a Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Douscentos expertos chaman a “seguir loitando polo galego”

Ler en Xornal de Galicia 14-07-2009

O galicianista, membro da Real Academia Galega e profesor da Universidade de Oxford John Rutherford afirmou onte que “o panorama non lle é moi favorábel ao galego, pero é necesario continuar loitando sen facer caso ás predicións” máis ben pesimistas. Parte desa loita forma o IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que comezou onte en Santiago e no que participan uns 200 expertos adicados a investigar sobre Galicia dende todo o mundo.

Vantaxe competitiva

Ler en Xornal de Galicia 13-07-2009

Contar con dúas linguas, ademais de ser enriquecedor, pode ser rentable para o tecido empresarial galego.

Barreiro pide a defensa da lingua e un xiro do PP ao galeguismo

Ler en Xornal de Galicia 13-07-2009

“O galeguismo e a defensa e promoción do uso do noso idioma son os piares sobre os que se sustenta o ideario do Partido Popular de Galicia”, asegura o vicepresidente do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro.
Nunha entrada publicada recentemente no seu blog o líder lucense reivindica o “compromiso galeguista do que sempre fixo gala” o PP e considérao “irrenunciable” e “un principio non só a manter, senón a potenciar”.

O Foro de Curas Galegos coida “imprescindible” que a Igrexa “fale en galego”

Ler en Xornal de Galicia 14-07-2009

“A Igrexa en Galicia resístese a ser galega” afirma o Foro de Curas Galego. A asociación de cregos fixo público un manfiesto no que considera que “a Igrexa en Galicia ten que ser galega” e asegura que a posición da institución a respecto da lingua é un “pecado histórico endémico”.

A corrente galeguista do PP apoia a Barreiro

Ler en Xornal de Galicia 14-07-2009

As palabras en defensa da lingua galega do vicepresidente do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro, publicadas en Xornal de Galicia foron ben acollidas nos sectores máis galeguistas do partido.
En declaracións a este diario, o deputado autonómico Agustín Baamonde amósase “absolutamente de acordo” coa posición expresada por Xosé Manuel Barreiro e asegura que “é a idea que ten moita xente dentro do PPdeG”. Pola súa banda, o tamén popular Rafael Cuíña considera estas palabras “un bo paso adiante” e “un motivo de esperanza”.

O valor económico da lingua

Ler en Xornal de Galicia 14-07-2009

O peso da lingua no Produto Interior Bruto (PIB) foi fondamente estudado, tanto no caso dos países de fala hispana como na lusofonía. No caso español, atendendo aos sectores económicos baseados na lingua e na cultura –dende a produción editorial ata os medios de comunicación–, o idioma supón o 15 por cento do PIB. No caso portugués, o Instituto Camões sitúa o “valor económico da lingua” no 17%, atendendo a “actividades económicas como comunicación ou ensino”.

O PIB dos países con máis dunha lingua mellora nun 9%

Ler en Xornal de Galicia 14-07-2009

Contar con dúas linguas pode ser rentable para o tecido empresarial galego. Segundo os datos recollidos no informe ELAN, elaborado polo Grupo de Alto Nivel sobre Multilingüismo da Comisión Europea (CE), ata o 11 por cento das pequenas e medianas empresas da Unión “sufriron perdas no negocio da exportación por falta de capacidades lingüísticas e interculturais”.

dilluns, 13 de juliol de 2009

Estudos Galegos: remexemos na hemeroteca

Ler en Vieiros 13-07-2009

Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudios Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este mesmo luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.

El BNG teme que la encuesta del gallego sea "un fraude"

Ler en El País 13-07-2009

Dos semanas después de lo prometido por la Consellería de Educación y su Secretaría Xeral de Política Lingüística, aún no hay noticias sobre los resultados de la encuesta a las familias sobre el uso del gallego en la enseñanza pública obligatoria.

Culturicidio

Ler en Vieiros 13-07-2009

Un pode entende-lo imperialismo, non si? Non as compartirá nin defenderá, pero un pode comprende-las razóns do colonialismo, os motivos dunha potencia superior a impoñe-los seus principios, hábitos e riscos culturais sobre outra comunidade. O que ninguén cun mínimo de dignidade entenderá é que un cidadán ou goberno renegue dos seus propios sinais de identidade. En tal caso, estaremos ante un cidadán ou goberno indigno e renegado, non si?

"Cómpre unha contestación urxente a esa arremetida golpista contra o galego"

Ler en Vieiros 13-07-2009

Presentou na Universidade da Coruña o volume colectivo 'Sobre o racismo lingüístico', editado por Laiovento.

Cando os fonemas se transforman en metralla

Ler en Vieiros 13-07-2009

O Goberno prepara a abolición do decreto de galeguización. Repasamos as claves de dous anos e medio de interesada “guerra lingüística”.

diumenge, 12 de juliol de 2009

Maestros de la persuasión

Ler en El País 12-07-2009

En dos años, Galicia Bilingüe se ha hecho un hueco en la agenda política. La oposición atribuye su auge al PP.

Se reúnen en cafeterías porque no tienen local propio. Trabajan desde casa. Y se financian con las cuotas de los socios (18 euros al trimestre) y las aportaciones puntuales de los simpatizantes. Galicia Bilingüe nació el 24 de octubre de 2007 con el propósito de "defender el derecho de los padres a elegir la lengua vehicular en la que sus hijos han de ser educados y, en general, el derecho de los ciudadanos a escoger en cuál de las dos lenguas oficiales la Administración ha de comunicarse con ellos". Casi dos años después y, según sus propios números, el apoyo de 1.000 socios y 4.000 simpatizantes, el colectivo ha logrado un hueco en la actualidad mediática y política. Declaró la guerra a A Mesa pola Normalización Lingüística (23 años de experiencia y 3.000 socios), reunió a 3.000 personas -con la plana mayor del PP incluida- en una manifestación preelectoral y la Xunta cumple ahora su mayor reclamación: preguntar a los padres en qué lengua quieren que estudien sus hijos.

Aínda sen novo decreto do galego no ensino, Anxo Lorenzo intúe que será "correcto e coherente"

Ler en Galicia-Hoxe 12-07-2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, confía na capacidade de negociación da Xunta para resolver con éxito a polémica suscitada ao redor do novo decreto do galego no ensino, unha normativa aínda inexistente pero que intúe correcta e coherente. Pídelles ás organizacións políticas e sociais coas que se espera chegar a un consenso, que deixen a un lado posibles "maximalismos". Se non hai atrancos, cre que a norma estará lista ao remate deste ano.

O BNG critica a dupla moral do PP ao ir ao 25 aniversario da Declaración dos Concellos Galegos

Ler en GZnacion 11-07-2009

Os nacionalistas subliñan a actitude dos populares de crear un conflito en torno ao idioma, que vai en contra do manifesto aprobado en 1984 a prol da lingua galega nos Concellos.

O BNG pide á Xunta que explique por que aínda non dou os resultados da consulta do galego

Ler en GZnacion 12-07-2009

Os nacionalistas consideran "deplorábel" que non haxa observadores externos no reconto e aseguran que "unha enquisa que non tiña sentido dende o principio parece que vai rematar seguindo o camiño da fraude".

"Sen medo. Ábrelle as fiestras ao galego"

Ler en Vieiros 12-07-2009

Balbordo, o Equipo de Normalización Lingüística do centro publicou no seu blog dúas curtas para lembrar que 'En galego estamos no mundo'.

dissabte, 11 de juliol de 2009

1.300 firmas en cinco días para que se proteja el gallego

Ler en El País 11-07-2009

Desactivar la asociación entre gallego e imposición y reclamar, desde la sociedad civil, que el PP regrese al consenso lingüístico y muestre "su acuerdo con las políticas de afirmación positiva para que el gallego que el propio PP impulsó desde la Xunta" son dos de las principales razones expuestas por los portavoces de una plataforma de acción ciudadana que ayer presentó el Manifiesto Galego. Patrimonio da Humanidade, en la Casa Galega da Cultura en Vigo.

Malestar polo discurso de Feijóo no CCG

Ler en Galicia-Hoxe 11-07-2009

O discurso pronunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o xoves no Consello da Cultura Galega (CCG), provocou unha "moi mala impresión" entre os asistentes ao acto, que servía para clausurar as actividades desenvolvidas pola institución con motivo do 25 aniversario da súa creación.

Sen grandes novidades

Ler en Galicia-Hoxe 11-07-2009

Os concellos comprométense na celebración do 25 aniversario da Declaración de Compostela a tomar medidas para que se use o galego nos xuízos, Policía local, rexistros e escrituras públicas.

A crise lingüística será o eixe do Festigal

Ler en Galicia-Hoxe 11-07-2009

O programa, organizado por Galiza Nova e Galiza Sempre, celébrase o 24 e 25 de xullo

"Como galego sinto vergoña" - Bragado cre que o PP rompeu o marco de convivencia

Ler en Galicia-Hoxe 11-07-2009

"Sinto vergoña, como cidadán deste país, que un presidente como Núñez Feijóo teña tan escasa consideración co esforzo colectivo que viñemos facendo todos no consenso do galego". Así de contundente se amosaba onte o editor Manolo Bragado pouco despois de presentar en Vigo a iniciativa popular Galego. Patrimonio da humanidade, da que é impulsor xunto ao filósofo Antón Baamonde e o pedagogo e escritor Xabier P. Docampo.

La Fegamp renueva su apuesta por el gallego en los ayuntamientos

Ler en El Correo Gallego 11-07-2009

Los alcaldes se comprometen a mantener vivo el espíritu de la Declaración de Compostela de 1984.

O manifesto cidadán a prol da lingua bota a andar

Ler en Vieiros 11-07-2009

Presentouse publicamente en Vigo o texto, que reclama o protagonismo da cidadanía na defensa do idioma e o regreso do PP ao consenso.

divendres, 10 de juliol de 2009

Os resultados da enquisa sobre o galego están demorándose máis do agardado

Ler en Vieiros 10-07-2009

Xesús Vázquez considera que o actual conflito lingüístico se deriva da imposición que da nosa lingua se quixo facer no sistema educativo.

Cando os concellos deixaron de ser ayuntamientos

Ler en Vieiros 10-07-2009

Xa pasaron 25 anos dende que os alcaldes de 187 concellos asinasen a Declaración do Hostal, un texto que dinamizou o proceso de normalización lingüística dos municipios galegos. Dende entón, a propia nomenclatura municipal virou ao galego, comezou a valorarse o coñecemento do idioma nos programas para o acceso á función pública local ou adquiriuse o compromiso de programar cursos de galego para funcionarios. Ademais, a documentación dos servizos administrativos comezou a utilizar o noso idioma, no mesmo no que se rotularon as dependencias das casas consistoriais ou comezaron a xurdir os servizos municipais de normalización lingüística.

A Universidade de Barcelona ofertará un grao de galego a partir do curso que vén

Ler en La Voz de Galicia 10-07-2009

A Universidade de Barcelona ofertará un grao (as novas carreiras adaptadas ao plan Bolonia) de galego e outro de portugués a partir do curso que vén. Será unha das novidades académicas que ofrecerá a institución catalá.

Ramón Villares: "O galego é un recurso, non un problema"

Ler en Vieiros 09-07-2009

O Consello da Cultura Galega, do que o historiador é presidente, pechou este xoves os actos de conmemoración do seu 25 aniversario.

Feijoo reivindica unha normalización lingüística "en liberdade" no Consello da Cultura Galega

Ler en Vieiros 10-07-2009

Polo seu lado, Ramón Villares defendeu o papel "asesor" da institución na política cultural, sen "intrusismo" en áreas "privativas" do Goberno.

Política Lingüística colaborará con Preescolar na Casa no fomento do galego na infancia

Ler en Vieiros 09-07-2009

A Fundación recibe 180 mil euros para o seu proxecto educativo destinado a nenas e nenos de até seis anos.

dijous, 9 de juliol de 2009

A consulta do galego terá resultados máis tarde do previsto

Ler en La Voz de Galicia 09-07-2009

A Consellería de Educación afirma que toda a operación estase realizando segundo o previsto salvo no que respecta á maior lentitude. Neste sentido, asegura que está garantida a máxima limpeza de todo o proceso e que así será certificado.

O BNG reclama unha defensa do galego «similar á do 17 de maio» nos actos do Día dá Patria

Ler en La Voz de Galicia 09-07-2009

As «políticas antigalegas do PP» estarán este ano no punto de mira da manifestación do BNG o Día dá Patria, o 25 de xullo. Os nacionalistas presentaron onte os actos previstos para a efeméride, coa que buscan «unha resposta masiva en defensa dá lingua galega, similar á do 17 de maio», o Día dás Letras Galegas, xornada na que discorreu unha manifestación multitudinaria a favor do galego. «Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma», recordará esta vez o BNG, co Sempre en Galiza de Castelao como guía para a defensa da lingua galega.

El BNG centrará el Día de la Patria en denunciar "las agresiones al gallego" del PP

Ler en Faro de Vigo 09-07-2009

El BNG celebrará el Día de la Patria el 25 de Julio con una manifestación en Santiago de Compostela y más de cien actos en localidades y comarcas a lo largo de todo el mes, bajo el lema "Móvamonos polo noso idioma, polo noso emprego", con el que pretende hacer frente a las "políticas agresivas" del PP contra el idioma.

dimecres, 8 de juliol de 2009

Nace unha plataforma a prol da lingua con vocación de pluralidade

Ler en Vieiros 08-07-2009

O primeiro obxectivo será o de impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular que defenda os dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

Primeiros pasos para crear a plataforma Queremos Galego

Ler en El Correo Gallego 08-07-2009

Ata cincuenta colectivos participaron onte nunha xuntanza na que se propuxo unha iniciativa popular polo idioma, en contra da política da Xunta de Galicia

O BNG esixe explicacións á CRTVG pola información "manipulada" sobre as axudas públicas á Mesa

Ler en GZnacion 07-07-2009

Bieito Lobeira considera as axudas recibidas pola Mesa de "pírricas, en comparación coas recibidas pola FAES, case catro millóns ao ano para combater a lingua galega; iso si, sen interese para os informativos da TVG"

“As nosas palabras, os nosos mundos” reivindica Ourense como berce dos movementos dinamizadores da lingua galega

Ler na web da Xunta de Galicia 07-07-2009

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria inaugurou hoxe esta exposición sobre o galego na diversidade lingüística, que permanecerá no Centro Cultural da Deputación ata o día 19 deste mes

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, afirmou que “non pode concibirse unha sociedade actual que lle vire as costas ao plurilingüismo”.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, sinalou que o galego debe introducirse “nun contexto de pluralismo e interculturalidade” dentro dun mundo cada vez máis global.

O conselleiro de Educación admite que o reconto das enquisas do galego vai lento

Ler en La Voz de Galicia 08-07-2009

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asegurou onte en Ourense que aínda descoñece o índice de participación dos pais de alumnos na enquisa sobre o uso do galego no ensino, pero augura que será bo. De momento, dixo, «estanse abrindo as papeletas unha por unha para que as máquinas poidan lelas despois».

Educación descarta que houbese "poucos datos" na enquisa aos pais, mais non avanza cal foi a participación

Ler en Vieiros 08-07-2009

O conselleiro, Jesús Vázquez, sinalou que o seu departamento está a analizar "moitos milleiros e milleiros" de enquisas feitas aos pais e nais de toda Galiza.

dimarts, 7 de juliol de 2009

Alcaldes e funcionarios volven comprometerse co galego

Ler en A nosa Terra 07-07-2009

Xa van 25 anos desde que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) promoveu a sinatura pola que un total de 187 alcaldes galegos se comprometían a espallar o proceso normalizador polos concellos. Co gallo do 25º aniversario, o venres 10 de xullo, AFNLG e a Fegamp reeditar o pacto co fin de impulsar a galeguización.

A Mesa y el PP cruzan acusaciones por las ayudas del bipartito

Ler en El Correo Gallego 07-07-2009

Los populares hablan de trato de favor y llevan el tema a la Cámara y la organización estudia denunciarlos.

O PP quere saber que uso deu A Mesa ás axudas do bipartito

Ler en La Voz de Galicia 07-07-2009

O PP anunciou onte a presentación de iniciativas no Parlamento para coñecer a fondo o importe das subvencións que o Goberno bipartito concedeu na pasada lexislatura á Mesa pola Normalización Lingüística e o uso que esa organización deu ás axudas. O portavoz do PP no Hórreo, Manuel Ruiz Rivas, criticou o «trato preferente» coa Mesa e o que considerou un «trato discriminatorio» do bipartito coa Real Academia Galega.

Anxo Lorenzo anuncia a creación dunha rede de dinamización lingüística

Ler en Vieiros 06-07-2009

O secretario xeral de Política Lingüística dixo que o novo organismo coordinará os programas de promoción do idioma postos en marcha polos concellos.

Medra a lea política por mor das axudas recibidas pola Mesa

Ler en Vieiros 06-07-2009

O motivo da discordia son os supostos 695 mil euros que a Mesa pola Normalización Lingüística tería recibido por parte do goberno bipartito. Logo de que saltase á actualidade esta cifra, a rifa política non cesa. Con esta suma sen confirmar por ningunha administración, o tema acabará con toda probabilidade nos xulgados.

A literatura galega, protagonista no Berria

Ler en Vieiros 07-07-2009

O xornal euskaldún dedicou un espazo destacado aos novos autores do país na súa edición deste domingo.

dilluns, 6 de juliol de 2009

Queremos galego

Ler en Galicia Hoxe 06-07-2009

A pesar do que digan desde as campañas difamatorias que agora están de novo en marcha, A Mesa non ten moitos recursos humanos nin económicos, aínda sendo a maior asociación cultural de Galiza en número de socias e socios. Por exemplo, A Mesa non ten diñeiro para circular por toda Galiza cun autobús coas súas campañas nin para pór en andamento grandes campañas mediáticas.
Mais, en troca, esta agrupación cidadá ten un grande activo: a forza de moitas persoas que dedican boa parte do seu tempo libre a esta causa, moitas cun ímpeto adicional desde que o PP comezou desde a Xunta a súa feroz cruzada contra o galego, travestida de "bilingüismo cordial". É con este traballo voluntario e de boca a boca, con escasos medios, como se conseguiron a inmensa maioría das case 26.000 sinaturas reais que deron xa o seu respaldo ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, que tamén se pode subscribir a través de internet no espazo web da Mesa pola Normalización Lingüística.

A Mesa estuda denunciar a Carlos Negreira por inxurias ou calumnias

Ler en GZnacion 06-07-2009

A asociación defensora da lingua atribúe esta "campaña de difamacións" desde o PP á convocatoria para constituír mañá unha ampla plataforma social en defensa do galego

O PP afirma que A Mesa «era ou brazo político do nacionalismo para a imposición dá lingua»

Ler en La Voz de Galicia 06-07-2009

A confirmación das avultadas axudas recibidas durante o bipartito pola Mesa pola Normalización Lingüística, procedentes na súa práctica totalidade de consellerías gobernadas polo BNG na anterior lexislatura, provocou onte a reacción crítica do PP e a xustificación das mesmas tanto por parte da propia entidade cultural como polo Bloque.

CAMPAÑA CONTRA A MESA.- A Mesa lamenta a campaña de demonización contra a asociación seguindo o principio de 'difama, que algo queda'

Ler na web d'A Mesa 05-07-2009

A Mesa presentará unha denuncia contra a manipulación informativa da TVG no Telexornal mediodía de hoxe e exixindo o dereito de réplica.

A Xunta suprimirá os Premios Nacionais de Cultura

Ler en Vieiros 06-07-2009

Nunha entrevista, Roberto Varela asegurou que os galardóns "custan unha fortuna" e que non continuarán.

A señora Lago, Galiza e máis eu

Ler en Vieiros 05-07-2009

Cando a tal señora Gloria Lago di que só as persoas individuais son suxeito de dereitos e deberes, e non os pobos nin os territorios nin as linguas, eu non podo mais ca estar de acordo con ela. Mais que nada, porque os últimos non existen de seu. Non existe de seu España, nin o seu castelán. Non existen os USA, nin o seu inglés, ¡e mira que arman bulla!. E xa bravos, non existe Galiza nin o benquerido galego.

diumenge, 5 de juliol de 2009

ENTREVISTA: JESÚS VÁZQUEZ Conselleiro de Educación

Ler en El País 05-07-2009

"Los padres no pueden determinar el 100% del decreto del gallego"

"Debemos impulsar el gallego en otros ámbitos y sacarlo del reducto educativo"

O PP pediu parar os pagos en decembro ante o envío de cartas ameazantes a 600 comerciantes

Ler en La Voz de Galicia 05-07-2009

As achegas de fondos públicos á Mesa pola Normalización Lingüística co bipartito xa saíron a relucir o outono pasado, antes das eleccións autonómicas que decidiron a substitución na Xunta. En outubro pasado, o deputado do PP Carlos Negreira revelou que o Goberno PSOE-BNG subscribira polo menos sete convenios coa organización lingüística por un importe que superaba os 500.000 euros.

As consellerías do Bloque dispararon as subvencións da Xunta á Mesa

Ler en La Voz de Galicia 05-07-2009

No 2007 achegaron 342.000 euros sobre un total de 385.000, 125.000 máis que os que recibiu a Real Academia.

A Mesa pola Normalización Lingüística multiplicou na pasada lexislatura os seus ingresos en subvencións da Xunta grazas á presenza do BNG no Goberno galego. A achega das consellerías nacionalistas resultou determinante no incremento exponencial rexistrado nas cantidades achegadas polo Executivo autonómico á organización creada en 1986 para promover o uso do galego, que entre o 2006 e o 2007 pasaron de 54.761 a 385.912 euros. Desa cantidade, 342.000 euros procederon de convenios e insercións publicitarias de Vicepresidencia, Industria, Cultura e Vivenda, departamentos que controlou o Bloque dentro do Goberno de coalición.

dissabte, 4 de juliol de 2009

Vázquez: "Gloria Lago non respecta o idioma"

Ler en Galicia Hoxe 03-07-2009

O secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, que se reuniu o xoves con Galicia Bilinge, reduciu este encontro a unha xuntanza de "cortesía parlamentaria" , que demostra que os socialistas "escoitan" todas as opinións.

Con todo, aseverou que o PSdeG "non coincide no 95 por cento" das posturas que defende e precisou que reunirse con este colectivo "non significa en absoluto" que os socialistas compartan posicións con el. De feito, acusou a Galicia Bilingüe -a asociación presidida por Gloria Lago- de "tampouco respectar" a lingua deste país, pero incidiu en que os socialistas "respectan" todos os colectivos. Manuel Vázquez insistiu en que "non hai represión lingüística" en Galicia polo castelán e asegurou, cando lle preguntaron pola petición deste colectivo para que condene os ataques a Galicia Bilingüe, que no país "non hai represión lingüística" e que "non existían" problemas por razón de lingua ata que "alguén abriu este melón", en referencia a Núñez Feijóo.

Lorenzo: 'O resultado da consulta aos pais será público'

Ler en A Nosa Terra 03-07-2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que os resultados do proceso de consulta aos pais sobre o uso do galego nas aulas serán "públicos", aínda que aclarou que por agora haberá que "esperar" para coñecelos e que se anunciarán "cando estean".

divendres, 3 de juliol de 2009

Recoñecemento do dereito a usar o galego na capitanía de Burela

Ler en A Nosa Terra 03-07-2009

Un informe da Avogacía do Estado recoñece o deber á utilización de 'as dúas linguas cooficiales -galego e castelán' na redacción de impresos, sinalización e carteis da capitanía marítima de Burela, logo da esixencia de tres traballadores que denunciaban 'incumprimentos e irregularidades' na aplicación da lexislación lingüística.

Sen datos da enquisa do galego

Ler en A Nosa Terra 03-07-2009

Cando presentou a enquisa sobre o galego nos centros de ensino, Educación sinalou que tras o último día de prazo para devolverlle á Consellaría a enquisa cuberta, o venres 19 de xuño, en cinco ou dez días se coñecerían os resultados. Hoxe cúmprese a data máxima para dar a coñecer os datos e séguense sen coñecer as preferencias dos pais en materia de idioma.

A Xunta comprométese a apoiar o dominio .gal

Ler en Galicia Hoxe 03-07-2009

A Xunta comprometeu onte o seu apoio coa iniciativa da asociación Puntogal, que procura a construción dun espazo específico en internet para a lingua e cultura galegas, o dominio .gal. Así llo transmitiron onte a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo.

Sen galescolas nin decreto

Ler en Galicia Hoxe 03-07-2009

A Mesa pola Normalización Lingüística acusou onte a Xunta de "incumprir" as recomendacións sobre o galego no ensino realizadas polo Consello de Europa. Aseguran que o Goberno galego "desafía" os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos "coas súas decisións de atacar a lingua propia".

"Gañar unhas eleccións non autoriza destruír un idioma"

Ler en Vieiros 03-07-2009

Un texto nacido para ser subscrito pola sociedade civil que defende a normalización do idioma do país, á marxe da súa adscrición política. Este é o espírito co que nace o manifesto 'Galego. Patrimonio da Humanidade' e que, aínda que se vai presentar publicamente en Vigo o vindeiro 10 de xullo, xa bole pola rede.
--
Para acceder ao blogue e adherirse ao manifesto aquí
--

PP, PSOE e BNG acordan na Fegamp en favor do impulso ao galego nos concellos

Ler en Vieiros 03-07-2009

"A secular proscrición da lingua galega na relación da administración cos administrados, no ensino, na vida pública en xeral, foi o instrumento máis eficaz da política de aculturación que tantos estragos, os máis deles irreversíbeis, produciu no noso país. O sentimento de inferioridade resultante levou o galego a se refuxiar no recanto máis íntimo das relacións humanas, no que de máis sincero e espontáneo hai en cada persoa, onde se mantivo nunha situación de resistencia até os nosos días. Aquel complexo parece hoxe, endebén, superado. Faise agora perentoria a necesidade dunha real reivindicación do idioma e da súa presencia en todos os planos da actividade humana en calquera contexto social. Ei-la única garantía de proxección cara ao futuro, conxurando a ameaza da perda dos nosos sinais de identidade (...)"

CONVOCATORIA.- Reunión aberta para constituír plataforma social en defensa do galego - QUEREMOS GALEGO

Ler na web d'A Mesa 02-07-2009

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a todas as entidades que teñan interese en conformar unha plataforma social en defensa do galego a unha reunión aberta o vindeiro 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, onde se acordará a estrutura e o programa de actividades desta nova plataforma, tan necesaria perante as fortísimas agresións contra a nosa lingua desde o actual Goberno galego.

"É Aznar máis galeguista que Feijoo?", ironiza a Mesa

Ler en Vieiros 02-07-2009

O Congreso dos Deputados asinara no seu momento, por unanimidade, a adhesión do Estado Español á Carta Europea das Linguas Minorizadas, nun momento onde o presidente do goberno español era José María Aznar. Froito daquel chanzo avanzado realizouse a monitorización do nivel de aplicación das recomendacións estabelecidas nese documento.

A Radio Galega deixa o Diario Cultural sen opinión

Ler en Vieiros 02-07-2009

A nova dirección da Radio Galega decidiu prescindir da sección de opinión da Diario Cultural por "motivos económicos", unha medida que se suma a outras decisións do novo equipo da CRTVG, que polo de agora se centrou en recurtar ou eliminar os espazos culturais da televisión e da radio públicas do país. O espazo de opinión do Diario Cultural correspondía a Helena González os luns, Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres. O Diario Cultural, dirixido por Ana Romaní, emítese de luns a venres de tres a catro da tarde, e dende 1990 (celebrará o vindeiro ano o seu vixésimo aniversario) é un dos referentes na información cultural en Galiza, un espazo de pluralismo e de debate, recoñecido e respectado dentro e fóra do noso país.

A Mesa impulsa a creación dunha plataforma social en defensa do galego

Ler en Vieiros 02-07-2009

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer unha convocatoria aberta a todas as entidades que teñan interese en formar parte dunha plataforma social en defensa do galego. A xuntanza celebrarase o vindeiro martes 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelo de Santiago.

Tomar a palabra

Ler en El Pais 03-07-2009

A estas alturas, é claro que a axitación demagóxica contra o galego dos dous anos pasados se inscribiu nunha tentativa deliberada de escachar o consenso lingüístico, con dúas finalidades básicas: degradar a situación do propio idioma e procurar vantaxes políticas tanto en Galicia coma cara a Madrid. Como parte desa estratexia, despregada con estronicio na campaña electoral e febrilmente escenificada nos tres primeiros meses do flamante goberno, estase facendo correr a aloia de que a cuestión lingüística foi determinante na vitoria electoral de Núñez Feijóo. Dous inquéritos realizados polo Centro de Investigaciones Sociológicas (un anterior e o outro posterior ás eleccións de marzo) ofrecen datos suficientes para desmentir ese interesado ruxerruxe.

Galego. Patrimonio da Humanidade

Iniciativa para a defensa da lingua.
Para ler e adherirse ao manifesto ir ao blogue

dijous, 2 de juliol de 2009

Educación deixará de apoiar as aulas de Infantil en galego para contornos castelánfalantes

Ler en Vieiros 1-07-2009

Algo menos de medio cento de centros, sumando apenas o 1% do total de alumnado no treito da Educación Infantil, estaban no último curso adheridos ao programa de aulas de infantil en galego en contextos casteláns-falantes. Unha iniciativa comezada hai poucos anos e que require, para ser introducida nun centro, un mínimo de nais e pais que soliciten para os seus fillos a inclusión no programa.

Educación permitirá abrir más grupos de inmersión en gallego pero sin fondos

Ler en El Correo Gallego 2-06-2009

Las aulas de inmersión en gallego en contextos castellanohablantes podrán seguir creciendo el año que viene. Después de mantener la incertidumbre durante semanas sobre el futuro de este programa, puesto en marcha por el bipartito, la Consellería de Educación ha decidido que los colegios que lo deseen puedan iniciarlo el curso que viene. Eso sí, igual que los 44 centros en los que ya funciona, a la vuelta del verano no tendrán subvención.

dimecres, 1 de juliol de 2009

Un instituto de Moaña rebélase contra a enquisa sobre o galego

Ler no Xornal de Galicia 29-06-2009

Mentres a Consellería de Educación continúa analizando os resultados das enquisas aos pais sobre as preferencias lingüísticas no ensino que repartiu en todos os centros non universitarios, os claustros de moitos colexios de infantil e secundaria seguen a amosar o seu descontento polo inquérito.


O último foi o IES As Barxas de Moaña, quen anunciou que manterá a súa política lingüística “a pesar do resultado da enquisa”, que se coñecerá nas próximas semanas.
O profesorado desde centro de ensino secundario remitiu onte un comunicado no que expresaba a súa “disconformidade sobre o procedemento levado a cabo pola Consellería de Educación no referente ás enquisas sobre a lingua no ensino”.

El bilingüismo en la Administración no cubre las exigencias del Consejo de Europa

Ler en El País 30-06-2009

La capacitación bilingüe de los funcionarios de la Administración General del Estado supera el 90% en Galicia y Cataluña, mientras que en la Comunidad Valenciana, Baleares, País Vasco y Navarra se sitúa en torno al 70%. Éstas son algunas de las conclusiones del Informe 2008 de la Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado, al que ha tenido acceso EL PAÍS

"Suspenso en xuño" a Vázquez

Ler en Galicia Hoxe 30-06-2009

"Necesita mellorar" e "suspenso en xuño" foron as notas que onte lle outorgou a oposición á xestión en materia lingüística do conselleiro de Educación. Durante a súa comparecencia ante o Parlamento galego para anunciar as liñas de actuación do seu departamento, Jesús Vázquez volveu provocar as iras da oposición con afirmacións como que aínda se está a tempo de "reconducir" con "consenso e liberdade" a política lingüística fronte á "imposición" realizada polo bipartito nos últimos anos.

Funcionarios catalanes y gallegos son los que más controlan lenguas cooficiales

Ler en Galiciaé 30-06-2009

El nivel de conocimiento de las lenguas cooficiales de los funcionarios de la Administración General del Estado ha mejorado "sensiblemente" en el 2008, y lo ha hecho especialmente en Galicia y Cataluña, donde la capacitación "es muy próxima al máximo", según pode de manifiesto el informe de la Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado (AGE).

Outros dous médicos néganse en Ferrol a atender pacientes en galego

Ler en Vieiros 29-06-2009

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns dous novos casos de discriminación relacionados co uso da lingua galega en senllos centros hospitalarios de Ferrol que están integrados no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ambos os dous casos, segundo A Mesa, tiveron lugar a finais do mes de maio nos hospitais Arquitecto Marcide e Naval cando dous facultativos diferentes "se negaron a atender oralmente en galego a un paciente que así llo solicitou formalmente, facendo uso do seu dereito a recibir atención na lingua propia", que ademais tamén o é "do Sergas".

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador