O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 25 de gener de 2010

Recoñecidos escritores piden a dimisión de Varela

Ler en A Nosa Terra 25-01-2010

Novo golpe ao Goberno de Alberte Núñez Feixóo. Desta vez, once escritores galegos –todos eles recoñecidos cos premios de literatura outorgados a nivel estatal polo Ministerio de Cultura– fan fronte común co fin de lograr a dimisión do conselleiro Roberto Varela. A causa, “o escaso coñecemento” da cultura de Galiza e a súa “falta de consideración”.

Segundo informa Xornal de Galicia, a misiva asinada por Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo ou Rubén Ruibal reclama a dimisión ou cesamento inmediato de Varela polo desprezo sintomático cara á cultura do país.

'Queremos galego' critica el trato de TVG a la huelga

Ler en El Pais 25-01-20101

La plataforma Queremos galego ha denunciado el "uso partidista y manipulador" que, a su juicio, el PP hace de los informativos de TVG, concretamente por el tratamiento que dan al decreto del gallego. El colectivo lamenta que se "pretenda convencer de las bondades de un decreto exterminador del gallego" a través de "informaciones cercenadas, sin contraste de opiniones", y acusa a TVG de basar su información de la huelga "en los centros donde el seguimiento fue menor" y de recoger opiniones de profesores que no secundaron el paro y de padres a favor del decreto. "Los reportajes sobre el inglés parecen propios del NO-DO", concluye.

Begoña Caamaño: “O galego resúltalles un moribundo demasiado lento e molesto”

Ler en Galicia Hoxe 24-01-2010

Non existe "trilingüismo harmónico", como tampouco o bilingüismo. Cada quen, cada individuo, cada pobo, ten unha lingua de seu; distinto é que sexamos persoas altamente competentes noutras linguas, o cal sería moi desexable e a educación debería fomentar esas competencias dende os niveis máis básicos, pero sen esquecer xamais a lingua que nos é propia e o lugar preferente que debe ocupar. O termo "bilingüismo harmónico" cuñado pola administración Fraga, foi de seu unha falacia, unha completa mentira; non podemos falar en termos de harmonía cando hai unha situación tan disimétrica entre o castelán e o galego. A sociedade galega en xeral, e a rapazada e a mocidade aínda máis, están sometidas a unha presión constante do español: a televisión, a radio, o cine, os videoxogos… todo o seu ocio transcorre baixo unha xerarquía castelanizante. Xa que non se toman as decisións políticas e económicas para mudar esa realidade, o ensino debería actuar, cando menos, coma elemento equilibrador, potenciando o coñecemento, estudo e uso da lingua minorizada, que é a nosa. Con este novo decreto queren facer o contrario. Van asinar non a defunción, senón a execución do galego. Fraga pretendía que o idioma morrese "de morte morrida", pero seica estes son máis impacientes e o galego estalles a resultar un moribundo demasiado lento e molesto. Non deixa de ser curioso que sexan os representantes políticos de quen está en contra da eutanasia os mesmos que se apresuren a darlle morte a un ser tan vivo como é un idioma.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador