O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 28 d’agost de 2009

Xosé Ramón Freixeiro: “O Goberno está a estender a idea de que o galego non vai ter futuro”

Ler en O Xornal de Galicia 28-08-2009

A Administración non só ten que apoiar a lingua, senon que ten a obriga de preservala xa que é o noso máis importante patrimonio, como se pon de manifesto, por exemplo, no propio Estatuto. Ten que tomar as medidas que sexan pertinentes para que ese patrimonio, igual que calquera outro, material ou inmaterial, non desapareza. Igual que se intervén na conservación de certos monumentos hai que facelo no caso do idioma. Como pode participar a xente e os estamentos públicos na conservación de edificios de grande valor histórico e non se lle deixa facer o mesmo no caso da lingua? A Administración está para conservar ese patrimonio, con lexislación, axudas, disposicións, subvencións, becas… e debe facer o mesmo coa lingua. E actualmente iso non se cumpre.

Feijoo descarta o termo “nación” no Estatuto porque o país “non é nacionalista”

Ler en Vieiros 27-08-2009

A posibilidade de que un novo Estatuto de Autonomía inclúa o termo nación no seu preámbulo, como ocorre no caso catalán, semella unha utopía. Así o expresou este xoves o presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, que afirmou rotundamente que o noso país “non ten nada que copiar” da carta política catalana. A razón principal que esgrime Feijoo é que as urnas ditaron sentenza en marzo e que Galiza “maioritariamente, non é nacionalista”.

Á galiña azul sáelle un himno apócrifo

Ler en Vieiros 27-08-2009

Se sempre se empregou a retranca como contrapunto das decisións políticas, a rede multiplica nos últimos anos as críticas, especialmente as que están cargadas de humor. Un exemplo é o dunha canción que circula por internet que critica o cambio de nome das galescolas.

Escoitar The Blue Birds: "La Galinha Azul"

O curso vén quente

Ler en Galicia Hoxe 28-08-2009

Malia a suposta normalidade da volta ás clases -por iso de que a gripe A non alterará os calendarios- o curso vén quentiño. Ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, chóvenlle as críticas da oposición, tanto pola controvertida posta en marcha da Galiña Azul de Educación Infantil como polos conflitos que ten abertos en varias frontes, entre elas a do sistema de gratuidade dos libros de texto ou as protestas nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI). O BNG chama á mobilización. Os socialistas, pola contra, prefiren fuxir da confrontación. Pero sen descartar nada: "Dependendo de como vaian as cousas, pensarémolo".

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador