O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dissabte, 6 de febrer del 2010

Notábel interese polas '55 mentiras sobre a lingua galega'

Ler en Vieiros 06-02-2010

A presentación de 55 mentiras sobre a lingua galega, promovido pola asociación Prolingua, foi cualificada como un éxito polos seus organizadores. Máis de cinco mil persoas asistiron aos 69 actos que tiveron lugar a primeira hora da noite do venres en diferentes lugares do mundo. A xente ateigou os locais e debateu arredor das falacias que seguen a tentar impedir a normalización da lingua.

"55 mentiras sobre a lingua galega" en Barcelona

Aquí podedes ver algunhas fotos e vídeos do acto que se desenvolveu no Centro Galego de Barcelona.Inteviñeron Paulo Filgueiras (prof. da UAB), Xiana Díaz (membro da Plataforma Defensem la llengua gallega), Sabela Labraña (profa. da UB e especialista en sociolingüística) e Pere Comelles (prof. da UB e especialista en plurilingüismo).
Boa parte dos asistentes ao acto (preto de 100 persoas) tivo a oportunidade de manifestar e debater sobre as mentiras que xiran en torno á lingua galega e poder cotexalas coa situación do catalán en Catalunya.





Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador