O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 5 de febrer del 2010

Feijóo desbota os ditames da RAG e do CCG porque non son "equilibrados"

Ler en Galicia Hoxe 05-02-2010

A Xunta está estudando "todas as propostas" dos distintos colectivos educativos e sociais sobre o borrador do decreto que regula o uso de idiomas nas aulas pero nunca manterá o decreto de 2007 porque o compromiso electoral asumido polo PPdeG era "derrogalo". Así o asegurou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen reiterou que non aceptarán un modelo de inmersión lingüística.

"Estamos estudando as propostas e incluiremos as que nos parezan acertadas", asegurou Feijóo tras o Consello da Xunta, onde recalcou que non está "nin habilitado nin autorizado para manter o decreto do bipartito porque o compromiso electoral era o de derrogalo".

A cultura busca mapa para ir fóra

Ler en El País 05-02-2010

A promoción da cultura galega no exterior, área estratéxica co bipartito, segue a ser terreo esvaradío na Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural que dirixe Francisco López. Á promesa dun "plan de internacionalización" nada máis chegar seguiulle, meses despois, a presentación das "liñas estratéxicas" do departamento. Un desglose de liñas de subvención que incluía, en palabras do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a promesa de "rachar co círculo vicioso" das axudas públicas, na idea de potenciar o consumo cultural.

Acción expansiva

Ler en Galicia Hoxe 05-02-2010

María del Carme Ríos Panisse, Antón L. Dobao e Xosé Luís Regueira serán os encargados de presentar hoxe na Librería Couceiro de Compostela, a partir das oito e media da tarde, o libro 55 mentiras sobre a lingua galega, primeira publicación da plataforma Prolingua. A capital galega é, deste xeito, unha das 55 cidades do mundo nas que se presentará, de xeito simultáneo, este volume, subtitulado Análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma.

"Medidas máis decididas"

Ler en Galicia Hoxe 05-02-2010

"Serían necesarias medidas moito máis avanzadas e decididas -non só no eido do ensino- para conseguirmos colectivamente a reversión da tendencia á substitución lingüística en Galicia". Esta reflexión de César Martínez poderían resumir o sentir xeral dos autores e autoras dos artigos que contén Nova Escola Galega e a lingua. 1983-2008, o libro co que esta asociación conmemora os seus "25 anos na defensa do idioma".

La lengua, las caixas y el liberalismo

Ler en El País 05-02-2010

Los dos temas que, de momento, son los principales en la agenda mediática gallega, la lengua y la fusión de las cajas, caminan por senderos que se bifurcan, que diría Borges. La lengua ha sido y es una pésima noticia para Feijóo, y ahora está claro que siguiendo con su decreto (y seguirá) va a tener enfrente, probablemente hasta 2013, a una mayoría social que se lo va a recordar cada mañana. También es posible que este tema, tan humillante, n mi criterio, para Galicia, le pase una factura irreversible en las próximas elecciones autonómicas, para las que "sólo" quedan tres años, uno menos ya de los cuatro legislados. El tiempo nos lo irá diciendo.

Xacobeo Classic: o nacemento do Castrapanglish

Ler en El País 05-02-2010

The other noite I attended o primeiro concert do Xacobeo Classics. Sendo always un pleasure contemplar ao conductor Riccardo Muti, o meu focus é one acontecemento que perhaps pase inadvertido: o birth do Castrapanglish language. O Castrapanglish vén ocupar its lugar a carón do Trampitán, o Vegliota, o Chairego e other linguas creadas pola imagination dos galegos writers. Porén, a diferenza from its predecesoras, o Castrapanglish is a language existent na real vida, ou at least na life of the current consellerías. Seica, o president said, o Castrapanglish debe a súa origin ás elections, nas que Galicia (although dando máis votes á suma of the bipartito government) elected uns escanos que conduciron ao current government. Eu non realized I votei polo Castrapanglish. As new consellerías anticipan un luminous future, when everybody falará Castrapanglish. De pouca importance é que isto would favour o esnaquizamento da sintaxe, certamente o título do program debería be Xacobeo's Classics. Alternatively ofrezo "Saint James Clásicos". Do not pay caso ao advice de lingua experts, quen advirten that o dominio of the nai language é necessary in order to aprender a foreign one. The nacemento dunha new language é unha importante occasion. Mágoa that, habendo pouco place, this signifique talvez a disappearance do Chairego, o Vegliota e other similar languages. Sobre all, in order to falar Castrapanglish, esqueza os complexos.

Baltar Blanco: 'Nunca iría a unha protesta de Galicia Bilingüe'

Ler en A nosa Terra 05-02-2010

Xosé Manuel Baltar Blanco está exultante e coas pilas ao máximo. Na impoluta mesa do seu despacho de vicepresidente do Parlamento revisa a prensa a lume de carozo. Os titulares dan conta dun concello do seu partido e da súa provincia, Vilariño de Conso, que cualifica o “Decreto do Plurilingüismo do PP” de “agresión a nosa cultura”. Pero para o novo líder do PP de Ourense –agora referente indiscutíbel do 'sector da boina' (a rama dos conservadores en teoría máis próxima ao galeguismo) tras a súa vitoria no congreso desta semana–“non hai que dramatizar”.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador