O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dissabte, 6 de juny del 2009

Educación pon en marcha a consulta do bilingüismo á carta

Ten vostede un fillo no ensino non universitario? Tanto se o seu fillo estuda Infantil, Primaria, Secundaria ou Formación Profesional nas vindeiras semanas vai recibir na súa casa un cuestionario, no máis rigoroso estilo bilingüe, con catro preguntas concretas. Basicamente, Educación pregunta en que lingua queren os pais que se impartan as materias troncais, o idioma que prefiren nos libros de texto, en que lingua prefiren os exames e se están a prol de aumentar o número de materias impartidas en inglés. No caso dos alumnos máis pequenos, a Xunta fai unha pregunta sobre cal é o idioma materno dos rapaces.

Ler noticia enteira en Vieiros 05-06-2009

Consultar a enquisa que se enviará aos pais

O Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo nega ter fobia ao galego e asegura que a lingua non corre risco ningún"

O castelán non está en perigo, pero o galego tampouco". Así o asegurou o Valedor do Pobo, Benigno López, na súa intervención na Comisión de Peticións no Parlamento. Nesta liña reiterou unha e outra vez que "non hai risco para o galego, que se foi quen de superar a longa noite de pedra, tampouco desaparecerá agora, que está en pleno proceso de potenciación".

Ler noticia enteira en Vieiros 03-06-2009


A Mesa pide a dimisión do Valedor, a quen acusa de falsear os datos sobre o galego

Logo de que o Valedor do Pobo presentase hai uns días o seu informe anual sobre as queixas achegadas pola cidadanía galega e que constatase que o uso da lingua non era unha das reclamacións máis recorrentes, a Mesa pola Normalización Lingüística acusa a Benigno López de falsear os datos. Carlos Callón tachou o alto comisionado de "partidista" e de facer unha lectura "galegofóbica" das estatísticas.

Ler noticia enteira en Vieros 29-05-2009

Consultar o Informe do Valedor do pobo (área de cultura e política lingüística, páx 361)

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador