O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dijous, 21 de gener del 2010

Fotos da manifestación contra o Decreto do PP

Ducias de milleiros de persoas toman Compostela para defenderen a lingua

Vieiros 21-I-2010

Os máis de 1.500 centros de ensino público non universitario que hai no país estiveron, no mellor dos casos, baixo mínimos. O seguimento da folga entre o profesorado aproximouse ao 80% entre o profesorado (aínda que Educación tenta rebaixala a algo menos dun 50). Na manifestación central de Compostela, a pesar do habitual baile de cifras, ninguén discute que participaron ducias de milleiros de persoas. Unha cifra, xa de por si sorprendente, convértese en histórica se se ten en conta que o acto tiña lugar nun día laborábel.

Mais a pesar do clamor contra o decreto, o PPdeG teima en refuxiarse na soidade dos seus cuarteis de inverno. O primeiro exemplo do profundo divorcio coa rúa deuno o voceiro do PPdeG. Cando a zona vella de Compostela era un fervedoiro de xente chegada de todo o país, Antonio Rodríguez Miranda non tivo pudor en afirmar que a maioría da xente que se estaba a manifestar “ou foran presionadas polos piquetes preventivos ou estaban moi cómodas co decreto do bipartito, baseado na inmersión lingüística do galego e no recorte de liberdades individuais”.

Máis información aquí

Anxo Louzao: "Esta é unha das manifestacións con máis participación na historia do ensino en Galiza"

Para o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao "estamos ante unha das manifestacións con máis participación e máis seguimento da historia do ensino na galiza". Segundo os datos que achegou, un noventa por cento das e dos mestres e alumnado secundou a folga en todo o país. "Estamos ante unha folga co apoio do estudantado, de pais e nais hoxe e hoxe as aulas están valeiras en repulsa e rexeitamento a unhas bases que queren reixeitar o galego do ensino", dixo.

Máis información aqui

O ensino en galego foi respaldado por milleiros de persoas en Compostela

"A folga do ensino foi un éxito", comezou falando Anxo Louzao. Os centro de ensino están baleiros "como respulsa a agresión que está a recibir o noso idioma por parte desde goberno", afirmou. Vendo o Obradoiro acugulado de xente, o secretario nacional da CIG-Ensino non puido senón dar as "grazas polo esforzo do estudantado, do profesorado e de moitos pais e nais, que entre todos por fin fixemos posible este rexeitamento contra o decretazo da nosa lingua".

Máis información aquí

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador