O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 27 de gener del 2010

Informe do Consello da Cultura para buscar propostas en positivo

Ler en El correo gallego 27-01-2010

Todos os ollos -e os oídos- están expectantes, nestes momentos, ante o ditame que emita o Consello da Cultura Galega (CCG) o próximo luns. Ese día será cando o plenario da institución analice o informe realizado por unha comisión de especialistas sobre o texto impulsado polo goberno de Feijóo para derrogar con el o decreto elaborado polo bipartito. O informe do CCG, tras varias sesións de traballo, está xa completo e hoxe mesmo pasará o visto e prace da Comisión Executiva, trámite previo imprescindible para chegar ao plenario. En principio non se espera que a comisión poña obxeción ningunha, pero as garantías de integridade do dictame non son tan fáciles no plenario, que ten entre os seus integrantes -como membro nato- o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, acérrimo defensor -como xa o manifestou reiteradamente- do texto que presentou a Consellería de Educación. Tampouco se pode esquecer que Feijóo é o presidente de honra da institución.

«Non vou dimitir, e menos porque mo pidan once escritores»

Ler en La voz de Galicia 27-01-2010

Roberto Varela (Meaño, 1959) vive estes días a etapa más difícil dende que hai nove meses deixou o consulado español en Nova York (EE.UU.) para asumir a Consellería de Cultura. En resposta a unhas declaracións que el fixera na Coruña a semana pasada, antonte, os 11 escritores galegos galardoados cun Premio Nacional de Literatura difundiron unha carta na que reclaman a súa dimisión ou ben que sexa destituído.Noticia relacionada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador