O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 24 de juny del 2009

Lorenzo di que a Xunta vai garantir o uso "normal" do galego

Ler en Galicia Hoxe 24-06-2009

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo, reivindicou onte o espírito de Ramón Piñeiro, ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, para asegurar que a Xunta "vai garantir o uso normal" da lingua e "potenciar" o seu emprego "en todos os niveis". Foi durante a presentación de catro obras sobre Piñeiro, tres epistolarios que recollen correspondencia que incide en elementos doutrinais e lingüísticos, entre outros aspectos, e un libro homenaxe con 15 textos de colaboradores.

Filoloxía española e galega, nun mesmo grao

Ler en A Nosa Terra 24-06-2009

Ao non acadar a cifra mínima de 25 estudantes fixada pola Xunta para a supervivencia de títulos universitarios, a Universidade de Vigo viuse na obriga de reestruturas a Filoloxía Galega e a Filoloxía Hispánica nun só grao. Desde setembro, os alumnos e alumnas que queiran estudar unha das dúas linguas terán que matricularse no chamado Grao en Estudos de Galego e Español, que a partir do terceiro curso se divide en catro módulos (lingua galega, lingua española, literatura galega e literatura española).

O Goberno non privatizará a TVG

Ler en A Nosa Terra 24-06-2009

O Goberno non privatizará a TVG. Así o afirmou no parlamento o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, quen afirmou que quere incluír a lingua e a cultura galegas nos medios de comunicación públicos con criterios de competitividade, 'non de subvención'.

Feixóo di que hai 'consenso lingüístico'

Ler en A Nosa Terra 24-06-2009

O PP aprobou en solitario e co 90% dos sindicatos manifestándose na porta a eliminación dun exame obrigatorio de galego nas oposicións. Con todo, o presidente da Xunta presume esta mañá de que 'onte na Cámara recuperamos o consenso lingüístico'. Tamén enarbora o 'aforro' en altos cargos, que este ano supón unicamente o 0,06% do orzamento.

300 personas se manifiestan "contra la encuesta trampa" de Educación

Ler no Xornal de Galicia 24-06-2009


Unas 300 personas, entre delegados sindicales y directores de centros educativos, se concentraron hoy, según datos facilitados por la CIG-Ensino, frente a las delegaciones de la Xunta en Pontevedra, A Coruña, Lugo y Ourense para expresar su rechazo a la "encuesta trampa y fraudulenta" realizada por la Consellería de Educación sobre las preferencias lingüísticas de los padres en la enseñanza.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador