O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 29 de maig de 2009

O ensino en galego é un dereito, non un capricho dos políticos

O pasado 17 de maio creouse a asociación “Galiza co Galego”, co obxectivo de consolidar unha rede cooperativa de escolas en galego, dende a iniciativa privada pero sen ánimo de lucro. Estas escolas ofertarán un ensino onde a lingua vehicular será o galego.

Máis información en A Nosa Terra 27 de maio de 2009
ou nos seguintes enlaces onde atoparedes o manifesto e uns formularios para adherirvos á proposta:

- limiargalego.blogspot.com
- limiarlibros.com

dijous, 28 de maig de 2009

Científicos galegos no exterior en defensa da lingua

Publicado en Vieros 27 de maio de 2009

Un grupo de nove científicos galegos vinculados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (un dos máis prestixiosos do mundo) acaba de dar un importante (polo seu simbolismo) paso adiante en defensa da lingua do país. Nun manifesto que remiten a Vieiros subliñan que, contra o que sosteñen algúns, o galego é un idioma plenamente válido para a investigación científica.

O manifesto íntegro:

Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN

Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.

En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.

O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.

No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,


Pódese consultar a noticia aquí

dilluns, 25 de maig de 2009

Parte de guerra de nuestro invicto caudillo tras la Mesa General del 22 de mayo

Publicado en CIG-Autonómica o 24 de maio de 2009

Con viento de levante y cubiertos por el plúmbeo manto del cielo de nuestra querida región gallega, el día 22 de mayo del año del señor de 2009, onomástica de Santa Rita de Casia, bajo cuya divina protección y designios nos hallamos, septuagésimo tercero aniversario de la Victoria en nuestra Cruzada Nacional, las gloriosas fuerzas nacionales guiadas por nuestro caudillo Alberto Feijoo, capitaneadas por el Director General de Función Pública José María Barreiro Díaz, y apoyadas fervorosamente por el frente sindical CSIF, ejecutaron el primer paso del plan cuidadosamente elaborado por nuestros aliados bilingües de Rosa Diaz y Falange Auténtica, adalides de la sacrosanta unidad de la Nación Española, por la gracia de Dios.

Noticia completa aquí

Chegou o primeiro ataque do PP á lingua de Galiza

Publicado en CIG-Autonómica o 19 de maio de 2009

Na primeira Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (máximo órgano de "negociación" entre representantes dos empregados e empregadas públicos cos responsabeis políticos da Xunta), chega a primeirísima preocupación do PP, o primeiro ataque á lingua propia de Galiza.

O punto único da Orde do Día será a sua resposta á demostración cívica do domingo 17 de maio: Anteproxecto de Lei de reforma da Lei da Función Pública, polo que eliminan a mínima demostración de capacitación dos empregados públicos para atenderen en lingua galega aos cidadáns. Quere o PP retirar a obrigatoriedade, mínima, de que os empregados/as públicos demostren que entenden un test en galego. Non vamos cara o vello artigo 33 da Lei Fraga, senon ao programa da extrema dereita fascista española-COPE. Un bo comezo do novo Director Xeral de Política Lingüística, contrario á carta europea das linguas minorizadas.

dilluns, 18 de maig de 2009

Imaxes da concentración

Mostrámosvos algunhas das fotos da concentración en defensa da lingua que se fixo en Barcelona. Un acto simultáneo e de apoio á manifestación histórica que se desenvolveu en Santiago de Compostela o 17 de maio.

A participación de Furafollas Agrupación Teatral e do Centro Galego de Barcelona foi determinante no bo desenvolvemento da concentración tanto na dinamización artística da concentración, como no apoio efectivo (solicitude de permisos) e económico, como na difusión do acto.


Paseo polas Rambles coas pancartas


Día da lingua galega


O fráxil edificio da lingua


Na Praça Reial


Nas Rambles


Lectura do manifesto


Recollida de sinaturas

dijous, 14 de maig de 2009

Festa reivindicativa



Espai Gallec organiza unha pequena festa reivindicativa para o venres 15 de maio como preámulo ao acto do 17 de maio. Proxectarase “Linguas cruzadas”, documental no que se afonda na situación sociolingüística do galego dende o punto de vista da mocidade, e a continuación “Defender a língua nom é delito, crónica do 8F”, curtametraxe que mostra os materiais gravados durante a contra-manifestación á convocada por “Galicia Bilingüe” en contra do galego. Para rematar, amenizarase a festa con música en galego.

Venres 15 de maio, ás 19:00h, no Espai Social Magdalenes (Magdalenes, 13-15, metro Urquinaona)

Domingo 17 de maio, ás 12:00h, nas Rambles 35-37 (ás 11h performance reivindicativa na Xina ART)

dimecres, 6 de maig de 2009

Entitats adherides

Col·lectius dels Països Catalans que donen suport i s'adhereixen a la convocatòria:
  • Furafollas Agrupación Teatral
  • La Xarxa d'entitats cíviques i culturals dels Països Catalans pels drets i llibertats nacionals
  • Plataforma pel Dret a Decidir
  • Fundació Societat i Cultura, FUSIC
  • Plataforma per la Llengua
  • Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions, CIEMEN
  • Federació d'Organitzacions per la Llengua Catalana
  • Gent de la Terra
  • Centro Galego de Barcelona
  • Nunca Máis de Catalunya
  • Filoloxía Galega, Universitat de Barcelona
  • Lectorado de Galego, Universitat Autònoma de Barcelona
  • Coordinadora d'Associacions per la Llengua catalana (CAL)
  • Omnium Cultural
  • FDG Cultural
  • Asociación Xoán de Requeixo
  • Centre Cultural Euskal Etxea
  • Revolta Global
  • Proxecto Galauda
  • Rede.cat
  • Foro cívico galego de Barcelona
  • Espazos radiofónicos galegos en Catalunya
  • Associació de Juristes en defensa de la Llengua Pròpia
  • Plataforma Universitaria pel Català
  • Galiza Nova Barcelona

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador