O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dissabte, 23 de gener de 2010

Os editores ven "imposíbel" axeitarse ao inglés e á elección dos pais

Ler en Vieiros 23-01-2010

Após a súa reunión co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, García explicou que a introdución dunha "lingua ou linguas estranxeiras" nas clases suporía "fragmentar aínda máis o mercado". Ademais, rexeitou a elección do idioma dalgunha materia por parte dos pais ao considerar que "sería imposíbel ter un estudo de mercado" para cada vez que se lles pregunte aos proxenitores.

Deste modo, sinalou que a súa organización se adheriu "á filosofía da Real Academia Galega", ademais de pedir que "se manteña o mínimo do 50%" en galego e castelán e "que sexa a Administración quen determine o idioma das materias".

Méndez Ferrín opta por unha presidencia da RAG ‘continuista’

Ler en A nosa terra diario 23-01-2010

Por maioría absoluta. Así foi elixido hoxe o escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín como novo presidente da Real Academia Galega (RAG). Ferrín substitúe no cargo a Xosé Luís Barreiro, que cesou da súa responsabilidade o pasado 18 de decembro, logo de oito anos no cargo. No seu primeiro discurso como presidente da RAG, Méndez Ferrín, apostou pola xestión ‘continuista’ e advertiu que a institución que agora preside será ‘inflexíbel’ na defensa do galego.

Humor gráfico

Máis aquí

Celso Emilio trilingüe

Tradución ao trilingüe do famoso poema de Celso Emilian Smith
Extraído do seguinte enlace

Escoitar

Lingua proletarian de mi people!
Eu hábloa because sí, porque I like it,
because me peta and quiero y dame a gana,
because me sae de inside, allá do bottom
de una sadness aceda que me encircles
al ver so many idiotas desleigados,
pequeños mequetrefes without roots,
que ao wearing la corbata xa don’t know
afirmarse in the love of devanceiros,
to speak a fala madre,
the speech of our abuelos we have mortos,
y ser, co face erguido,
mariñeiros, labriegos of the language,
oar and arado, bow y rella siempre.

Eu speak it porque yes, because me gusta,
e quero be with mine, coa people mía,
next to the homes good que suffer largo
una history told en otra lingua.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador