O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 22 de juny del 2009

A batalla contra o galego cóstalle a Vázquez ser mal recibido no seu colexio

Ler no Xornal de Galicia 22-06-2009

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abada, clausurou hoxe o curso escolar galego nun colexio de Ribadavia, onde foi recibido e acompañado por profesores e grupos de alumnos que portaron pancartas, camisetas e carteis en defensa da lingua galega.

--

Contrastar coa noticia na web da Xunta de Galicia 22-06-2009

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria clausurou o curso escolar no CPI Tomás de Lemos en Ribadavia

O BNG pide que o Parlamento condene as proclamas antigalegas da FAES

Ler en A Nosa Terra 22-06-2009

Bieito Lobeira denuncia que a FAES, vinculada ao PP e presidida por José María Aznar, “utiliza a arma do racismo e da xenofobia para atacar, insultar e humillar os galegos e galegas” nas súas publicacións e informes. Pon como exemplo, o seu cuestionamento da existencia do idioma galego, ao que considera “una suma de variantes lingüísticas galaicas que, por comodidad, llamábamos gallego”.


O ILG advírtelle a Feijoo do "dano gravísimo" ao prestixio social da lingua

Ler en Vieiros 22-06-2009

O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega, entidade dependente da Universidade de Santiago, reprocha que se transmita a idea de que o galego "é lingua só dunha parte da cidadanía".

Tamén aquí

A CTNL considera moi grave a retirada da proba en galego nos procesos selectivos para a función pública

Ler na web da CTNL 22-06-2009

De aprobarse a proposta do goberno no Parlamento galego, confirmaríase o primeiro paso atrás desde a restauración da democracia no proceso de normalización lingüística que, como sinala a Lei de normalización, debe ser “progresivo”.
Deste xeito, a CTNL apoia a concentración convocada para este martes 23 de xuño ás 9.30 h diante do Parlamento galego polos sindicatos CIG, CCOO e UXT contra a modificación da Lei da función pública.

Financiación, lengua y metal serán los ejes de la última sesión plenaria

Ler no Xornal de Galicia 22-06-2009

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá mañana por primera vez en el pleno de la Cámara, que será el último ordinario del actual periodo de sesiones. En su intervención, abordará los acuerdos alcanzados con el jefe del Ejecutivo estatal, José Luis Rodríguez Zapatero. El conflicto lingüístico y la huelga del metal serán otros aspectos importantes en el pleno.

“A inacción da Xunta fai que medren os conflitos”

Ler no Xornal de Galicia 22-06-2009

E no tema da lingua? “O PP estivo a xogar con lume. Alentou durante moito tempo os sectores máis extremistas en contra da lingua e esa é a verdadeira cuestión”, explica o dirixente político. “O bipartito tamén tivo manifestacións, non só as ten o PP, pero nós sabiamos reaccionar a tempo. O Executivo de Feijóo non”, di Aymerich quen argumenta que “agora mesmo eles están secuestrados por unha serie de lobbies. Están a acabar coa política de vivenda e con todos os logros que neste senso levou a cabo o anterior Goberno.Estanse a defender recortes sociais como por exemplo restrinxir a gratuidade dos libros de texto. Educación xa anunciou que non vai a haber un novo plano de financiamento universitario...”.

Suso de Toro acusa al presidente Feijóo de “genocidio cultural”

Ler no Xornal de Galicia 22-06-2009

El escritor gallego Suso de Toro ha lanzado duras acusaciones contra el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, del PP. En un artículo publicado en el diario El País, el novelista compostelano sostiene que la campaña de Feijóo contra el gallego es “inaudita”, ya que “pretende recortarle el espacio en su propio territorio histórico a una lengua en proceso de desaparición”. Su conclusión es impactante: “Eso se llama genocidio cultural”, escribe Suso de Toro.

Artigo de Suso de Toro en El País 21-06-2009

Cuíña admite conflito interno no PPdeG pola lingua

Ler en A Nosa Terra 22-06-2009

El Correo Gallego publicou onte un artigo de opinión que, baixo o título “Un exercicio de responsabilidade”, se presenta como unha declaración de intencións da corrente galeguista do PPdeG respecto á lingua. Na columna, Rafael Cuíña advirte da “fractura social” que se dá entre “os que consideramos que o idioma nai de Galicia debe ser un motivo de orgullo” e o que chama “pseudoelites das cidades”, as persoas “alarmadas por un suposto risco de desaparición do idioma castelán en Galicia”.

Anxo Lorenzo Suárez: "Non concibo un modelo educativo segregado"

Ler en Galicia Hoxe 21-06-2009

Anxo Lorenzo Suárez (Vigo, 1964; casado: un fillo; profesor de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo desde 1992; secretario da comisión de Normalización Lingüística en 2004 e coordinador na pasada lexislatura da exposición itinerante As Nosas Palabras, sobre as vantaxes do plurilingüismo) foi nomeado secretario xeral de Política Lingüística da Xunta coa encomenda expresa, por parte do presidente Alberto Núñez Feijóo, de "consensuar o decreto de normalización lingüística"

"Isto é un lingüicidio"

Ler en Galicia Hoxe 21-06-2009

A "vulneración de dereitos" que, segundo o BNG, está a provocar a estratexia lingüística do Goberno de Núñez Feijóo chegará á Conferencia Xeral da Unesco, prevista para o vindeiro outubro. O deputado do grupo nacionalista galego Bieito Lobeira foi encargado de anunciar a iniciativa, que tamén chegará ao Consello de Europa e que, entre outras cuestións, denuncia "o incumprimento de compromisos internacionais" por parte da nova Xunta. Trátase dunha política de "brutalidade" "lingüicida" que, indicou o deputado, "nos obriga" a tomar estas medidas "extremas".

Fernández Paz: “O galego é de todos, dos que estamos, dos que marcharon e dos que están a chegar"

Ler no Xornal de Galicia 20-06-2009

Cre que o monolingüismo foi sempre a meta dos que tiñan un compromiso coa lingua, e que iso deixou baleiro ese espazo simbólico do bilingüismo que agora queren ocupar algúns?

A xente de Galicia Bilingüe, que ten a mentira como estratexia habitual, empeza mentindo no seu nome. O que queren é que nós fiquemos no gueto, que non os contaminemos. Opóñense, en realidade, á normalización social do galego. Unha cousa son os discursos políticos ou partidarios e outra a xente. Talvez houbo posturas coma esa, pero a maioría de nós, hai quince anos, defendiamos a mesma idea que agora: quen sabe galego, sabe máis. Queriamos, e queremos, que se poida vivir en galego con normalidade, algo que, sobre todo polos prexuízos, que son a nai do año, non se conseguiu nunca.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador