Cre que o monolingüismo foi sempre a meta dos que tiñan un compromiso coa lingua, e que iso deixou baleiro ese espazo simbólico do bilingüismo que agora queren ocupar algúns?
A xente de Galicia Bilingüe, que ten a mentira como estratexia habitual, empeza mentindo no seu nome. O que queren é que nós fiquemos no gueto, que non os contaminemos. Opóñense, en realidade, á normalización social do galego. Unha cousa son os discursos políticos ou partidarios e outra a xente. Talvez houbo posturas coma esa, pero a maioría de nós, hai quince anos, defendiamos a mesma idea que agora: quen sabe galego, sabe máis. Queriamos, e queremos, que se poida vivir en galego con normalidade, algo que, sobre todo polos prexuízos, que son a nai do año, non se conseguiu nunca.

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada