O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 5 de febrer de 2010

Feijóo desbota os ditames da RAG e do CCG porque non son "equilibrados"

Ler en Galicia Hoxe 05-02-2010

A Xunta está estudando "todas as propostas" dos distintos colectivos educativos e sociais sobre o borrador do decreto que regula o uso de idiomas nas aulas pero nunca manterá o decreto de 2007 porque o compromiso electoral asumido polo PPdeG era "derrogalo". Así o asegurou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen reiterou que non aceptarán un modelo de inmersión lingüística.

"Estamos estudando as propostas e incluiremos as que nos parezan acertadas", asegurou Feijóo tras o Consello da Xunta, onde recalcou que non está "nin habilitado nin autorizado para manter o decreto do bipartito porque o compromiso electoral era o de derrogalo".

1 comentari:

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador