O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 25 de gener de 2010

Begoña Caamaño: “O galego resúltalles un moribundo demasiado lento e molesto”

Ler en Galicia Hoxe 24-01-2010

Non existe "trilingüismo harmónico", como tampouco o bilingüismo. Cada quen, cada individuo, cada pobo, ten unha lingua de seu; distinto é que sexamos persoas altamente competentes noutras linguas, o cal sería moi desexable e a educación debería fomentar esas competencias dende os niveis máis básicos, pero sen esquecer xamais a lingua que nos é propia e o lugar preferente que debe ocupar. O termo "bilingüismo harmónico" cuñado pola administración Fraga, foi de seu unha falacia, unha completa mentira; non podemos falar en termos de harmonía cando hai unha situación tan disimétrica entre o castelán e o galego. A sociedade galega en xeral, e a rapazada e a mocidade aínda máis, están sometidas a unha presión constante do español: a televisión, a radio, o cine, os videoxogos… todo o seu ocio transcorre baixo unha xerarquía castelanizante. Xa que non se toman as decisións políticas e económicas para mudar esa realidade, o ensino debería actuar, cando menos, coma elemento equilibrador, potenciando o coñecemento, estudo e uso da lingua minorizada, que é a nosa. Con este novo decreto queren facer o contrario. Van asinar non a defunción, senón a execución do galego. Fraga pretendía que o idioma morrese "de morte morrida", pero seica estes son máis impacientes e o galego estalles a resultar un moribundo demasiado lento e molesto. Non deixa de ser curioso que sexan os representantes políticos de quen está en contra da eutanasia os mesmos que se apresuren a darlle morte a un ser tan vivo como é un idioma.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador