O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimarts, 28 de juliol del 2009

Entrevista a Alberto Núñez Feijóo

Ler en Xornal de Galicia 28-07-2009

Non lle inqueda que poida pasar á historia como a persoa que desatou o conflito co galego nunha comunidade na que había paz lingüística?
Cando a algún se lle imputa un delito e nin estivo no lugar dos feitos nin coñece a vítima, séntese absolutamente tranquilo. Eu comprendo que agora algúns que non saben exactamente que pasou nas eleccións intenten dicir que o señor Feijóo é un representante da dereita mesetaria. Estou tan tranquilo pola miña orixe, educación e familia que, honradamente, da mesma maneira que me nego a ter un medidor de galeguismo nin de amor a terra, cando escoito falar disto e vexo as súas orixes e a súa forma de facer carreira política, prodúceme un sorriso, respectable, pero un sorriso. Hai distintas maneiras de protexer: unha é impoñer e a outra é convencer. Hai distintas formas de enfocar o asunto: isto hai que facelo por decreto e isto hai que facelo por convencemento. Unha actitude é porque teño o DOG e vouno facer e outra porque a cordialidade nas linguas é a que se ten que impoñer na comunidade autónoma. Eu vou optar sempre pola segunda fórmula.
Cre que había problema?
Temos un problema que non inventei eu. O señor Caldera di que unha das razóns polas que o PSOE non revalidou o Goberno foi porque se equivocou na súa política lingüística. O ex presidente da Xunta dixo en campaña electoral que non cometería o erro da imposición lingüística. E está publicado. Outro señor, José Blanco, dixo que antes cando viña a Galicia falaba en galego pero que agora, como consecuencia da política lingüística da Xunta, falaba en castelán. Está publicado tamén. Aquí temos un problema e vou facer todo o posible para resolvelo. Quen non o queira ver está equivocado. A diagnose está feita. Temos unha lingua que non está en avance, que empeza a haber persoas que non están de acordo no seu emprego, sobre todo os pais con nenos en idade escolar. Temos alumnos, non o digo eu, está publicado, que consideran o galego como unha materia obrigatoria e que non a consideran interesante. A diagnose está feita e imos ver como tratamos o problema. Eu dígoo con cordialidade, intelixencia e con persuasión.
Porén, aínda non se saben os resultados da enquisa que lle pasaron aos pais. Á oposición sónalle que se está cociñando un menú ao gusto de Galicia Bilingüe....
A oposición pode opinar sobre o galego. É a súa obriga, pero creo que os pais tamén teñen dereito a opinar, por iso se fixo a enquisa. Políticos, sindicatos, colexios profesionais, editorialistas, articulistas opinan todos os días. Paréce me que os pais, que suman medio millón de galegos, teñen tamén dereito a opinar. A enquisa fíxose con tantas seguridades que neste momento hai que ir folla por folla, non ten un tratamento informático, un lapis óptico. Hai dez ou quince posibilidades distintas. A enquisa está sendo custodiada pola inspección educativa, que é o máximo órgano que temos nunha consellería, e será presentada antes de que remate xullo. Estamos cumprindo taxativamente o que dixemos. Somos criticados por non derrogar o decreto; sorprendente. Agora somos criticados por facer a enquisa; sorprendente, tamén. Ser criticados polos extremos non nos preocupa. Preocúpanos ser fieis co que dixemos. No programa electoral estaba a enquisa para coñecer por primeira vez en Galicia non a opinión dos políticos, que xa a coñecemos, senón a dos pais. A partir dela elaboraremos un proxecto de decreto onde teñamos en conta a cooficialidade das linguas, a necesidade de coñecer as dúas, a orientación pedagóxica que os pais solicitan ao Goberno e o criterio dos profesores.
Pero aos pais non se lle pregunta se lles gustan as matemáticas ou a física para o seu cativo. Séntese prisioneiro de Galicia Bilingüe? Non teme que ao contentar a ese colectivo descoide a á máis galeguista do PP?
Nós non lle preguntamos aos pais se lles apetece que os seus fillos aprendan galego. O galego é unha materia obrigatoria e vaino seguir sendo como as matemáticas. Nós sometémonos ao veredicto da xente. Hai algo máis democrático ca isto? En moitísimos países do norte de Europa hai referendos decote. Nós como arrancamos do referendo da OTAN, no que primeiro había que entrar e despois non, ao mellor non lle damos valor. Pero isto é unha consulta. Hai algo máis democrático?
De onde vén a súa paixón por un nacionalista como Castelao?
Pois moi fácil, porque Castelao foi o apóstolo da palabra e o apóstolo da identidade galega e do orgullo de ser galego. Castelao, igual que Brañas, Ramón Otero Pedrayo e Ramón Cabanillas, é patrimonio dos galegos. Eu non teño un busto de Castelao no despacho. Hai outros políticos que si o teñen e paréceme moi ben, pero que non se esqueza ninguén que Castelao non é patrimonio de ningún partido político, Castelao é patrimonio de Galicia.
Pero era un nacionalista.
Un nacionalista? Castelao sempre tivo clarísimo que Galicia formaba parte de España. É máis, chamaba a Galicia rexión. Someto a consideración o que dixo Castelao do Estatut de Catalunya naquel momento, que se manifestou en contra. Eu pregunto: non é bo que o presidente da Xunta considere que Castelao é un dos autores que debe de guiar determinados comportamentos políticos? Iso é malo? Se non é malo, cal é o problema? Ou é que algún cre que está en posesión... Non quero faltar ao respecto, pero había algúns que crían que tiñan as esencias da relixión e Cristo considerounos fariseos. Polo tanto, aquel que patrimonialice de forma excluínte determinadas figuras do galeguismo ou de Galicia, debería reflexionar. Cando teña a oportunidade de falar como presidente democrático de Galicia, e levo cen días, vou seguir citando a Castelao e a outras persoas que, me parece, alumean os camiños que ten que seguir Galicia. Podo estar o 80, 90 ou o 100% de acordo coa obra de Castelao, pero a súa obra ten que ser reivindicada por calquera presidente da Xunta. Eu, polo menos, vouno facer.
Non é que se poñan en dúbida as súas palabras, pero coa supresión do galego nas oposicións, a lingua sufriu o primeiro gran revés na historia da autonomía...
Se se fixera iso, si, pero iso non se fixo. É outro espellismo. Nós volvemos recuperar o consenso do galego nas oposicións. Durante 27 anos de autonomía entrouse sempre do mesmo xeito, salvo un ano no que se rompeu o consenso. Dos 90.000 empregados públicos de Galicia, salvo os transferidos polo Estado, sempre entraron do mesmo xeito, que é de acordo á modificación da Lei da Función Pública que planeamos: acreditar o coñecemento técnico en galego ou en castelán, como queira o opositor, e posteriormente acreditar o coñecemento do galego a través dos títulos que expide a dirección Xeral de Política Lingüística ou, de non telos, a través dun exame de tradución. Pero se sempre se entrou así na administración pública! Como se pode dicir que suprimimos o galego cando é falso? Sobre as falsedades non se pode vivir moito tempo. Ese é o noso modelo, o que houbo sempre en Galicia e que está feito polo PSOE, o Partido Nacionalista Galego (PNG) e por Coalición Galega. Remítome á Lei da Función Pública aprobada por ese tripartito. Por favor, un pouco de respecto pola historia.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador