O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 3 de febrer de 2010

A Uvigo apoia o informe da Academia

Ler en Galicia Hoxe 03-02-2010

Os profesores do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo fixeron público un comunicado, aprobado por unanimidade o 27 de xaneiro, no que manifestan o seu apoio ao documento redactado pola Real Academia Galega no que se reflicten os "defectos" das bases para o decreto de plurilingüismo da Xunta.

Os máis de 30 docentes salientan que o galego segue sendo unha lingua desfavorecida "concretamente no ensino universitario", un ámbito no que se avanzou "pouco" nos últimos 25 anos. Así, aseguran ver "con moita alarma" calquera medida que "limite aínda máis" a competencia lingüística que o alumnado ten cando chega ao ensino superior.

Consultar o informe da RAG

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador