O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 3 de febrer de 2010

Educación afirma que non comparte o “modelo de inmersión” do Consello de Cultura

Ler en Vieiros 02-02-2010

Poucas horas despois de que o Consello da Cultura presentase un informe sobre o proxecto de decreto, a Consellaría de Educación fixo público un breve comunicado no que afirma que “non pode estar de acordo co modelo de inmersión. Nese sentido, a Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua, considerando ademais que ese é o sentir maioritario do pobo galego”.

Coa nota, a Xunta reafírmase na súa intención de non contemplar ningún tipo de discriminación positiva a prol da lingua do país, tal e como pediu a RAG e o Consello da Cultura. De todos os xeitos, a consellaría di “agradecer” as achegas do Consello da Cultura.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador