O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimarts, 18 de maig del 2010

A lingua, "a nosa identidade, o noso ser"

Ler en Vieiros 18-05-2010

"Que lles molesta? Que lles proe? Que o rañen! Imos defender Galiza e a nosa lingua!". Subliñando o espírito reivindicativo da festa que a prol do galego xuntou milleiros de persoas na capital do país, remataba o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a quenda de intervencións este luns na Praza do Obradoiro. Un espazo ateigado que deu mostra palpábel de que a forza mobilizadora non esmorece e choiva ou faga sol responde en favor do idioma unha e outra vez.

1 comentari:

  1. Mal que lles pese somos galegas, falamos galego e non imos deixar que a nosa lingua esmoreza.
    queremos galego xa!!!

    ResponElimina

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador