O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 15 de març de 2010

O sector duro do PPdeG obrigou a darlles máis marxe de decisión ás familias

Ler en Vieiros 13-03-2010

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron este sábado as principais liñas do anteproxecto de decreto de linguas que o Consello da Xunta aprobará este mesmo mes. Mais o que non contaron foi o forte tira e afrouxa que houbo no Goberno até poucas horas antes da comparecencia diante dos medios.

Segundo puido saber Vieiros, nos últimos días os sectores do PPdeG máis próximos ás teses de Galicia Bilingüe, co visto e prace da dirección española do partido, presionaron a Feijoo para que a consulta aos pais fose vinculante e non meramente “orientativa” como xa se tiña decidido na consellaría dende finais de febreiro. Finalmente, Educación tivo que ceder e artellar un sistema de consultas cada catro anos que permiten cambiar os bloques lingüísticos fixados.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador