O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 28 de setembre de 2009

Rosario Álvarez : “O esforzo de ser bilingües sempre foi un mérito dos galegofalantes”

Ler en Galicia Hoxe 28-09-2009

Unha Galicia ‘bilingüe natural’ non che parece a ti un espantallo arrodeado polo espurio vento da falsidade da historia?
É que, como digo, habería que matizar moito o de bilingüe. Tamén o de natural. Na presenza inicial do español en Galicia non hai nada de natural, porque nada que se impoña o é; o español non naceu aquí, o galego si. Que non sexa natural non quere dicir que non sexa común ou habitual que a lingua do poder acabe instalándose nos territorios conquistados ou anexionados; pensa, por exemplo, que nós
falamos unha lingua que procede do latín dos invasores romanos. Ora ben, sempre é lexítima a resistencia lingüística e cultural, e nese sentido non nos foi mal: aquí seguimos, despois de séculos sen poder político, falando a lingua maioritaria.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador