O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 7 de setembre del 2009

O sector do libro espera unha baixada da edición en galego

Ler en La voz de Galicia 07-09-2009

O sector editorial galego espera un inverno difícil. A primeira impresión desta baixada extráese das previsións de novos títulos que teñen os encargados de vender libro en galego. Da conversa con varios editores derívase que, salvo algunha excepción, os duros tempos de crise económica non permiten excesivas alegrías literarias. Xéneros que tradicionalmente son minoritarios como a poesía, o teatro ou o ensaio serán os máis afectados. A isto hai que sumar a supresión durante este ano das axudas a tradución por parte da Xunta, o que tamén provocará que as editoriais, sobre todo algunhas que están especializadas no mundo de importar libros doutras linguas -un caso paradigmático é Rinoceronte-, rebaixen as súas apostas nese ámbito.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador