O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimarts, 16 de juny del 2009

"Din que van escoitar a todos, pero realmente non buscan o consenso"

Ler en Vieiros 15-06-2009

"Cordial pero con moitos momentos de tensión". Así definiu o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a xuntanza que mantivo este luns co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. "Dende a Mesa transmitímoslle o noso rexeitamento á derrogación do decreto actual", di Callón, e "quixemos saber que ían facer se non contaban co respaldo nin do BNG, nin do PSdeG, nin das familias ou do profesorado". Segundo explica, Vázquez asegurou que levarían igualmente adiante a proposta, polo que, ao entender da Mesa, "non buscan consenso ningún: falar con todos si, pero cremos que o conselleiro ten xa a proposta de decreto no caixón, polo que a pseudoconsulta aos pais, ademais de tendenciosa e sen rigor, non é máis que un paripé para xustificar unha imposición unilateral e sen diálogo dunha norma que vaia contra o ensino en galego".

dilluns, 15 de juny del 2009

A CIG acode aos tribunais contra a consulta sobre a lingua

Ler en Vieiros 15-06-2009

Dunha banda, a central sindical presentou unha demanda de tutela de dereitos fundamentais ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), entendendo que a Consellaría de Educación conculcou catro deles: o de expresión e información, o de reunión, o de asociación e o sindical. Esta denuncia xorde logo de que a Xunta prohibise calquera acto informativo sobre a enquisa, cunha circular distribuída aos centros a través de correo electrónico que, tal e como adiantaba Vieiros, rezaba así: "“Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa”.

Só Vázquez controla a ‘consulta Vázquez’

Ler en Galicia Hoxe 15-06-2009

Hoxe remata o repartimento das enquisas da Consellería de Educación sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino, que, segundo datos de Educación, xa están dispoñibles en "máis do 90% dos 1.490 centros educativos galegos que forman parte deste proceso." Porén, agora ábrense as dúbidas sobre o control do reconto, que será realizado, segundo informou onte a Consellería, por "un equipo especialmente dedicado", unha constatación de que non haberá vixilancia externa.

Henrique Harguindey: “As medidas que o PP adopta pretenden darlle o golpe mortal ó galego”

Ler noticia en Galicia Hoxe 15-06-2009

O PP está no transo de derrogar o Decreto de Normalización Lingüística, un decreto de mínimos e que nunca se chegou a cumprir. A cuestión, e dada a situación do noso idioma por mor da lingua invasora, que no é outra que o castelán devido no español. Non era nin é –polo de agora– máis que un decreto de mínimos que máis que derroga, cómpre aumentalo, pois para min é fundamental o galego no ensino, en calquera disciplina das que a contumaz ignorancia de moitos e moitas docentes, por exemplo cre imposíbel impartillar, físicas, químicas ou matemáticas
noso idioma. A respecto disto que che digo, cóntoche unha anécdota a propósito dunha conversa que hai uns anos tiven cun catedrático da Complutense un verán na reitoral de Convelo convertida nun bonito restaurante. Á hora da sobremesa e coa fermosa panorámica do val de Tielas, preguntoume como podiamos explicar en galego a Platón ou Sócrates... "Pois o mesmo que ti o fas en castelán, porque o teu grego é moi pobre, paréceche?". Calou e non soubo que responder.... Cal é a túa opinión a esta miña breve reflexión?

A nova directiva da CRTVG

Ler noticia en A nosa terra 14-06-2009

O PP tamén elimina 'Onda Curta' da grella da TVG

O PSdeG advertiu hoxe da "política anticultural" que, ao seu xuízo, pretende poñer en marcha a nova directiva da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), xa que suprimirá o servizo de Cultura do ente público.

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na comisión da CRTVG, José Luis Méndez Romeu, destacou, ademais, que esta decisión coincide co final da emisión dos programas de literatura 'Libro Aberto' e de curtametraxes e música do país 'Onda Curta'.

--

Ler noticia en Vieiros 15-06-2009

Alertan da "política anticultural" da nova directiva da CRTVG

O PSdeG censurou este domingo a "política anticultural" que, ao seu xuízo, pretende poñer en marcha a nova directiva da Compañía de Radio e Televisión de Galiza (CRTVG), xa que suprimirá o servizo de Cultura do ente público.

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na comisión da CRTVG, Xosé Luis Méndez Romeu, destacou, ademais, que esta decisión coincide co final da emisión dos programas de literatura e música, Libro Aberto e Onda Curta.

diumenge, 14 de juny del 2009

Cen directores denuncian a “chapuza xurídica” da ‘consulta Vázquez’

Ler en Galicia Hoxe 14-06-2009

Máis de cen membros de equipos de dirección dos centros educativos de toda Galicia solicitáronlle onte a Educación ser "eximidos da responsabilidade" de custodiar e aplicar a enquisa sobre o uso das linguas no ensino, un traballo que consideran "alleo aos nosos cometidos".

Reunidos no IES Xelmírez I de Santiago nunha asemblea informativo convocada pola CIG-Ensino, os directores acordaron un texto no que rexeitan asumir "a vixilancia dunha chapuza xurídica que non cumpre ningunha garantía mínima". Denuncian ademais que a enquisa de Educación representa "un inquérito tendencioso que impide expresar a vontade dos que están a favor do ensino en galego".

A Xunta conclúe este luns o reparto dos cuestionarios sobre o galego

Ler en Vieros 14-06-2009

A Consellaría de Educación prevé concluír o luns o reparto dos cuestionarios sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino, que xa están dispoñíbeis no 90% dos 1.490 centros educativos do país incluídos neste proceso.

A partir de agora, os pais ou titores legais dos alumnos teñen de prazo ata o 19 de xuño para expresar a través destes cuestionarios a súa opinión acerca do modelo lingüístico no ensino "con plena liberdade e confidencialidade".

As Universidades esíxenlle á Xunta que garanta a presenza do idioma

Ler noticia en A nosa terra 12-06-2009 e consultar a Carta dirixida ao presidente da Xunta polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo

Pola súa banda, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, onde era profesor titular Anxo Lorenzo, actual secretario xeral de Política Lingüística, enviou tamén un escrito ao presidente en que manifesta a súa "fonda preocupación" polo xeito en que, "por primeira vez na historia da democracia, un goberno galego se propón lexislar en contra da lingua propia e natural do país que goberna".

Queren, xa que logo "facer un chamamento á cordura do goberno da Xunta" e pedirlle que rectifique o seu comportamento cara á lingua, "pois somos conscientes de que unha lingua só vivirá se a empregamos e esiximos a súa protección mediante o uso escolar e administrativo, xa sexa de forma oral ou escrita", subliña a catedrática Camiño Noia no diario electrónico da Universidade de Vigo.

dissabte, 13 de juny del 2009

Os directores de Ferrolterra dubidan da legalidade formal da enquisa sobre o galego.

Ler noticia en Radiofusiòn 12-06-2009

Indican que xuridicamente lles están a obrigar a participar nun proceso que carece de garantias democráticas. Denuncian asimesmo que na Axencia Española de Protección de Datos non existe ningún ficheiro relativo a esta consulta, algo que marca a lei neste tipo de casos. A guerra da língua no ensino nada máis acaba de empezar. Pola sua parte, a Mesa pola Normalización Linguística fixo chegar aos pais enais dos centros un escrito onde aclara a "trampa" na formulación da enquisa, e das pautas para as respostas que deben dar os proxenetores favorables ao actual Decreto. A Mesa convocou aos medios ás 12 no Ateneo de Ferrol para explicar a sua posición en relación á consulta da Consellería de Educación. A esa convocatoria sumaronse a Asociación de escritores en lingua galega, a AS-PG, a asociacion de directores de institutos, a CIG, Comités de estudantes , a coordenadora de equipas de normalizacion linguística, Nova Escola Galega, o Sindicato de Traballadores-as do ensino de Galicia e a Federacion de ANPAs de Ferrolterra.

Escoitar o audio da entrevista a Lastra Muruais (director do CEIP "Manuel Masdías" de Ferrol e vicepresidente de Nova Escola Galega)

Anxo Lorenzo promete unha política lingüística "baseada na promoción activa" do galego

Ler en Vieiros 13-06-2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, prometeu este venres que o seu departamento levará a cabo "unha promoción activa" do galego a través dunha política que, "sendo
diferente ás anteriores, está baseada na promoción activa e multidimensional" da lingua propia.

"A sociedade entende moi ben que non podemos ofrecer unha educación á carta"

Ler entrevista en Faro de Vigo 13-06-2009

Entrevista a Anxo Lorenzo - Secretario Xeral de Política Lingüística: "A consulta ós pais vai ser o único elemento a ter en conta? A resposta é non"

Ten por diante un dos labores máis complicados da Xunta, o de elaborar o novo decreto da ensinanza que regulará o uso do galego. Pero non lle importa, porque asegura que xa sabía onde se metía e admite que todos van ter que renunciar a algo para conquerir o consenso.

Encantados con la encuesta y más amigos del inglés que del gallego

Ler noticia en La voz de Galicia 13-06-2009

Los padres que ya recibieron la consulta sobre qué lengua quieren en la escuela aplauden la medida; solo algunos temen que no se tengan en cuenta los resultados.
(...)
La postura más llamativa de los padres es la contraposición entre el gallego y el inglés, como si fuesen excluyentes. De hecho, son comunes las frases como «para mí el inglés es más importante que el gallego», «vivimos en España, pero hay que poder salir de aquí» o «cuando emigré, el que me abrió las puertas fue el inglés», dice un abuelo que espera por su nieta.

divendres, 12 de juny del 2009

O Departamento de Galego da USC esíxelle a Feijoo que garanta a presenza do idioma

Ler noticia en Vieros 12-06-2009

O mundo universitario tampouco é alleo á derrogación do decreto. Este mesmo venres, o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela envioulle unha carta ao presidente da Xunta para manifestarlle a súa fonda preocupación “polas medidas adoptadas ou anunciadas pola Xunta” referentes á lingua galega.


---
Ler noticia en El País 13-06-2009

Filoloxía de Santiago afea al PP su política lingüística

El departamento de Filoloxía Galega de la Universidade de Santiago ha remitido una carta al presidente de la Xunta en la que le afean la política lingüística de su partido, el PP. "Queremos hacerle llegar nuestra profunda preocupación por la situación del gallego", escriben, "en particular por las medidas adoptadas o anunciadas por la Xunta". Los profesores del primer departamento de gallego de la enseñanza superior acusan al Ejecutivo de Feijóo de "desproteger la lengua en la función pública y en la enseñanza no universitaria por primera vez desde la recuperación de la democracia".

Varela priorizará a proxección exterior da cultura

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

O Festival de Ópera da Coruña é unha proba máis de que a internacionalización da cultura galega "é posible". Así o salientou onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na presentación deste evento.

O titular deste departamento insistiu en que é unha "prioridade" para o seu departamento facer da cultura do país un referente a nivel internacional -como xa o era para a anterior Consellaría de Cultura, dirixida por Ánxela Bugallo, que impulsou a proxección exterior da banda deseñada, a literatura, a música...-.

A edición deste ano do Festival de la Ópera, que terá lugar en agosto e setembro, rende homenaxe ós dous principais tenores españois do século XX, Miguel Freta e Alfredo Kraus. Kraus debutou no festival en 1959, mentres que Freta morreu na Coruña.

A cultura en suspenso

Ler noticia en El País 12-06-2009

Aos traballadores da cultura percórreos, a un tempo, o escepticismo e a preocupación perante o novo tempo político. Para Celso Parada, que até este mércores presidía a asociación Escena Galega, "todo o sector se atopa paralizado dunha maneira inexplicábel". Refírese ao teatro, pendente de cobros do Agadic "dende hai meses". "Se non se soluciona antes de agosto", expón o actor, susbtituído por Ernesto Chao , "vai ser un fiasco". O primeiro e, de momento, último director da axencia das industrias culturais, Miguel Martín, cesou en maio. "Viñamos de aprobar o primeiro convenio para os actores", di Parada, "e agora párase todo". O promotor da compañía Teatro do Morcego, unha das 30 que se integran en Escena Galega, advirte de que "o día a día das empresas está chegando ao límite".

Ler tamén noticia do 10-06-2009

Educación gestionará las escuelas infantiles y supervisará su contenido

Ler noticia en La voz de Galicia 12-06-2009

Feijoo esgrime que con ese control se pretende que las aulas sean solo para «aprendizaxe e coñecemento». Suprimirá la denominación de galescolas que creó el bipartito e integrará todos los centros en una única red

Feijoo deja sin mandilón a las galescolas. La Xunta incorporará a la red de educación infantil los centros que el bipartito, a través de la Vicepresidencia de Quintana, impulsó con una denominación que el PP rechazó por identitaria. Esas escuelas pasarán, en las mismas condiciones que el resto de los centros para niños de 0 a 3 años, al ámbito de gestión de la Consellería de Educación, lo que representa un cambio cuyo alcance va más allá de la revisión de la estructura competencial del anterior Gobierno, ya que también en la etapa de Fraga el control de las guarderías correspondía a la extinta Consellería de Familia. «A educación é de Educación», enfatizó ayer Feijoo.

O xuíz decano da Coruña denuncia ao presidente da Mesa

Ler noticia en Vieiros 11-06-2009

Antonio Fraga Mandían, xuíz decano da Coruña, denunciou a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, por un delito de calumnias e inxurias. Os feitos remóntanse a hai un ano, cando o maxistrado denunciara a un veciño da Coruña despois de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial. Na vista, Fraga Mandián dixera que non tiña "ningún rubor en usar o topónimo La Coruña". Callón contestou, ante os medios de comunicación, que consideraba esta afirmación "unha apoloxía de desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei". Estas son as declaracións polas que, agora, o xuíz denunciou ao presidente da Mesa.

Os sindicatos mobilizaranse contra a reforma do uso da lingua nas oposicións

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

Os sindicatos CIG, UXT e CC OO mobilizaranse ante o Parlamento de Galicia o próximo 23 de xuño para esixir que non se modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública e que se manteña a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas das oposicións en galego. As organizacións sindicais farán coincidir a súa protesta coa data na que os tres grupos con reprensentación na Cámara debaterán este cambio proposto por Presidencia.

Educación prohibe actos informativos sobre as enquisas lingüísticas

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

O volcán da lingua

Xunto co repartimento das primeiras enquisas, a Consellería de Educación envioulles onte -vía correo electrónico- unha circular ás direccións dos centros de ensino de Galicia, na que os advirte de que deberán "prohibir todas as accións ou actos a favor ou en contra do proceso de consulta". A orde coincide coa denuncia feita pública onte pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) sobre a "presión que están exercendo parte dalgúns membros do Corpo de Inspectores para impedir informar as nais e os pais, diante da enquisa que promove a Consellería de Educación", logo de que decidisen distribuír nos centros os trípticos informativos: As linguas suman.

---
Ler noticia en Vieros 12-06-2009

Educación prohibe actos informativos sobre as enquisas lingüísticas

A consellaría pídelle aos directores que informen á Inspección de calquera campaña nos centros. Os sindicatos consideran que o Goberno quere “amordazar” o profesorado no proceso de reforma do decreto.
“Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa”. Este parágrafo, que figura nunha circular enviada nas últimas horas pola Consellaría de Educación aos centros, está a provocar un considerábel malestar entre o profesorado.

dijous, 11 de juny del 2009

A Consellaría de Educación pretende prohibir ao profesorado informar sobre o inquérito sobre o galego

Ler informe da CIG 11-06-2009

A Consellaría de Educación pretende que o profesorado non poida emitir a súa opinión sobre a chamada “consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia”, vulnerando un dos dereitos fundamentais como é o da liberdade de expresión, impedindo ao alumnado a consecución de obxectivos fundamentais - recollidos na lexislación educativa como o de “exercer a cidadanía democrática desde unha perspectiva global e adquirir unha conciencia cívica responsable”- e convertendo os centros nunha canle de pensamento único e adoutrinamento parcial e sesgado.

O galego e o ensino da ciencia

Ler noticia en Vieiros 11-06-2009

O colectivo que reúne os ensinantes de Ciencias en Galiza achega un documento onde rexeita as argumentacións de quen considera o galego un problema nas aulas.

Achegámoslles íntegro o manifesto enviado pola xunta directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte anos e que conta con case un milleiro de profesores e profesoras no ámbito da Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía

As Galescolas desaparecen da internet

Ler en Vieiros 11-06-2009

O Goberno xa fixo desaparecer as Galescolas. Polo menos, na internet. O dominio galescolas.net xa non está operativo e, no seu lugar, redirixe a escolasinfantis.net. Os contidos do novo portal seguen a ser, visualmente, iguais ca os da anterior etapa, mesmo con referencias ao termo "Galescola" nas súas novas. Porén, o logotipo modificouse consonte a nova denominación e cun diferente tipo de letra, máis convencional.

Pronunciamento da Aelg en favor do Documento para a defensa do galego no ensino

Ler comunicado na web da Aelg 11-06-2009

Perante as medidas involucionistas do actual goberno da Xunta de Galiza, cara á lingua galega, idioma propio do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada eliminación da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, a AELG quere adherirse ao documento presentado e ratificado por colectivos sociais, profesionais e sindicais.

Subscribimos os puntos deste pronunciamento na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.

A AELG convida aos escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa.

¿Existe un conflicto lingüístico?

Ler artigo en Faro de Vigo 11-06-2009

¿Hay un conflicto lingüístico en Galicia? En la calle no, pero sí en la esfera política, derivado del compromiso electoral del PP de derogar el decreto del gallego en la enseñanza y eliminarlo de las oposiciones a la Administración autonómica. Al menos esto es lo que piensa la mayoría de los escritores y editores encuestados. Pero también hay quien cree, como la novelista Marta Rivera, que la confrontación ha bajado a la sociedad y que la mejor prueba de ello son las amenazas y pintadas contra la presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. "Ahí está la respuesta", sentencia.

Los psicólogos critican la consulta del gallego y ven riesgo de fractura social

Ler noticia enteira en El correo gallego 11-06-2009

Mañana todas las familias con hijos en edad escolar habrán recibido la encuesta con la que la Consellería de Educación pregunta sobre la lengua en la que desean que aprendan a leer y escribir o reciban las materias que ahora se imparten obligatoriamente en gallego, el 50%. La nueva Xunta sostiene que la lengua de Galicia se ha impuesto en la escuela y asegura que quiere lograr el consenso, pero las voces críticas con su política lingüística aumentan. La última en hacerse oír es la de los psicólogos. El Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia emitió ayer un manifiesto, A interpretación dos soños, que asume la consulta como una pesadilla que amenaza "ó máis valioso dos nosos tesouros inmateriais" y subraya la importancia de que la escuela lo promocione.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador