O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris RTVG. Mostrar tots els missatges
Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris RTVG. Mostrar tots els missatges

divendres, 5 de març del 2010

"Non hai ningunha integración en televisión"

Ler en Galicia Hoxe 03-03-2010

Euronews proponlle á TVG un informativo diario e un magacín semanal en galego.
Philippe Cayla (Saint Quentin, 1949) visitou Galicia no transcurso dunha xira para recuperar difusión para a súa canle. Euronews busca volver a España a través das autonómicas despois de perder a súa presenza en aberto ao rescindir o seu contrato con Televisión Española.
Cal é a súa proposta para as televisións autonómicas?
Ofrecémoslles unha difusión a tempo parcial dous seus programas nas súas cadeas terrestres analóxicas e máis tarde a tempo completo na rede territorial terrestre os programas de Euronews no idioma local. No caso de que fosen membros da UER poderían ser accionistas de Euronews e estar conectados á rede de intercambios da Forta.

divendres, 3 de juliol del 2009

A Radio Galega deixa o Diario Cultural sen opinión

Ler en Vieiros 02-07-2009

A nova dirección da Radio Galega decidiu prescindir da sección de opinión da Diario Cultural por "motivos económicos", unha medida que se suma a outras decisións do novo equipo da CRTVG, que polo de agora se centrou en recurtar ou eliminar os espazos culturais da televisión e da radio públicas do país. O espazo de opinión do Diario Cultural correspondía a Helena González os luns, Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres. O Diario Cultural, dirixido por Ana Romaní, emítese de luns a venres de tres a catro da tarde, e dende 1990 (celebrará o vindeiro ano o seu vixésimo aniversario) é un dos referentes na información cultural en Galiza, un espazo de pluralismo e de debate, recoñecido e respectado dentro e fóra do noso país.

dilluns, 29 de juny del 2009

Luis Rei Núñez: “Síntome un observador preocupado ante a situación da cultura e da lingua na TVG”

Ler no Xornal de Galicia 29-06-2009

Home, non teño unha bóla de adiviño, pero os primeiros indicios déixanme preocupado. Que se elimine a proba do galego para acceder á administración... Introducir o castelán na TVG sería un paso atrás. Conviven dúas linguas, pero só unha corre perigo. Só temos unha canle en galego. Non tería sentido que non a houbera.

diumenge, 7 de juny del 2009

A música galega, pechada por reformas?

Ler noticia en Vieiros 03-06-2009

Soaba Quedamos nesa Praza, de Som do Galpom, a derradeira canción do Aberto por Reformas de Xurxo Souto, e un convite para o futuro, para seguir traballando, seguir loitando pola música galega. O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".

Manifesto básico pola defensa da RTVG publicado no foro de Komunikando 06-06-2009

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador