O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dijous, 11 de juny del 2009

Pronunciamento da Aelg en favor do Documento para a defensa do galego no ensino

Ler comunicado na web da Aelg 11-06-2009

Perante as medidas involucionistas do actual goberno da Xunta de Galiza, cara á lingua galega, idioma propio do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada eliminación da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, a AELG quere adherirse ao documento presentado e ratificado por colectivos sociais, profesionais e sindicais.

Subscribimos os puntos deste pronunciamento na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.

A AELG convida aos escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador