O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dissabte, 13 de juny del 2009

Encantados con la encuesta y más amigos del inglés que del gallego

Ler noticia en La voz de Galicia 13-06-2009

Los padres que ya recibieron la consulta sobre qué lengua quieren en la escuela aplauden la medida; solo algunos temen que no se tengan en cuenta los resultados.
(...)
La postura más llamativa de los padres es la contraposición entre el gallego y el inglés, como si fuesen excluyentes. De hecho, son comunes las frases como «para mí el inglés es más importante que el gallego», «vivimos en España, pero hay que poder salir de aquí» o «cuando emigré, el que me abrió las puertas fue el inglés», dice un abuelo que espera por su nieta.

divendres, 12 de juny del 2009

O Departamento de Galego da USC esíxelle a Feijoo que garanta a presenza do idioma

Ler noticia en Vieros 12-06-2009

O mundo universitario tampouco é alleo á derrogación do decreto. Este mesmo venres, o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela envioulle unha carta ao presidente da Xunta para manifestarlle a súa fonda preocupación “polas medidas adoptadas ou anunciadas pola Xunta” referentes á lingua galega.


---
Ler noticia en El País 13-06-2009

Filoloxía de Santiago afea al PP su política lingüística

El departamento de Filoloxía Galega de la Universidade de Santiago ha remitido una carta al presidente de la Xunta en la que le afean la política lingüística de su partido, el PP. "Queremos hacerle llegar nuestra profunda preocupación por la situación del gallego", escriben, "en particular por las medidas adoptadas o anunciadas por la Xunta". Los profesores del primer departamento de gallego de la enseñanza superior acusan al Ejecutivo de Feijóo de "desproteger la lengua en la función pública y en la enseñanza no universitaria por primera vez desde la recuperación de la democracia".

Varela priorizará a proxección exterior da cultura

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

O Festival de Ópera da Coruña é unha proba máis de que a internacionalización da cultura galega "é posible". Así o salientou onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na presentación deste evento.

O titular deste departamento insistiu en que é unha "prioridade" para o seu departamento facer da cultura do país un referente a nivel internacional -como xa o era para a anterior Consellaría de Cultura, dirixida por Ánxela Bugallo, que impulsou a proxección exterior da banda deseñada, a literatura, a música...-.

A edición deste ano do Festival de la Ópera, que terá lugar en agosto e setembro, rende homenaxe ós dous principais tenores españois do século XX, Miguel Freta e Alfredo Kraus. Kraus debutou no festival en 1959, mentres que Freta morreu na Coruña.

A cultura en suspenso

Ler noticia en El País 12-06-2009

Aos traballadores da cultura percórreos, a un tempo, o escepticismo e a preocupación perante o novo tempo político. Para Celso Parada, que até este mércores presidía a asociación Escena Galega, "todo o sector se atopa paralizado dunha maneira inexplicábel". Refírese ao teatro, pendente de cobros do Agadic "dende hai meses". "Se non se soluciona antes de agosto", expón o actor, susbtituído por Ernesto Chao , "vai ser un fiasco". O primeiro e, de momento, último director da axencia das industrias culturais, Miguel Martín, cesou en maio. "Viñamos de aprobar o primeiro convenio para os actores", di Parada, "e agora párase todo". O promotor da compañía Teatro do Morcego, unha das 30 que se integran en Escena Galega, advirte de que "o día a día das empresas está chegando ao límite".

Ler tamén noticia do 10-06-2009

Educación gestionará las escuelas infantiles y supervisará su contenido

Ler noticia en La voz de Galicia 12-06-2009

Feijoo esgrime que con ese control se pretende que las aulas sean solo para «aprendizaxe e coñecemento». Suprimirá la denominación de galescolas que creó el bipartito e integrará todos los centros en una única red

Feijoo deja sin mandilón a las galescolas. La Xunta incorporará a la red de educación infantil los centros que el bipartito, a través de la Vicepresidencia de Quintana, impulsó con una denominación que el PP rechazó por identitaria. Esas escuelas pasarán, en las mismas condiciones que el resto de los centros para niños de 0 a 3 años, al ámbito de gestión de la Consellería de Educación, lo que representa un cambio cuyo alcance va más allá de la revisión de la estructura competencial del anterior Gobierno, ya que también en la etapa de Fraga el control de las guarderías correspondía a la extinta Consellería de Familia. «A educación é de Educación», enfatizó ayer Feijoo.

O xuíz decano da Coruña denuncia ao presidente da Mesa

Ler noticia en Vieiros 11-06-2009

Antonio Fraga Mandían, xuíz decano da Coruña, denunciou a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, por un delito de calumnias e inxurias. Os feitos remóntanse a hai un ano, cando o maxistrado denunciara a un veciño da Coruña despois de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial. Na vista, Fraga Mandián dixera que non tiña "ningún rubor en usar o topónimo La Coruña". Callón contestou, ante os medios de comunicación, que consideraba esta afirmación "unha apoloxía de desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei". Estas son as declaracións polas que, agora, o xuíz denunciou ao presidente da Mesa.

Os sindicatos mobilizaranse contra a reforma do uso da lingua nas oposicións

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

Os sindicatos CIG, UXT e CC OO mobilizaranse ante o Parlamento de Galicia o próximo 23 de xuño para esixir que non se modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública e que se manteña a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas das oposicións en galego. As organizacións sindicais farán coincidir a súa protesta coa data na que os tres grupos con reprensentación na Cámara debaterán este cambio proposto por Presidencia.

Educación prohibe actos informativos sobre as enquisas lingüísticas

Ler noticia en Galicia Hoxe 12-06-2009

O volcán da lingua

Xunto co repartimento das primeiras enquisas, a Consellería de Educación envioulles onte -vía correo electrónico- unha circular ás direccións dos centros de ensino de Galicia, na que os advirte de que deberán "prohibir todas as accións ou actos a favor ou en contra do proceso de consulta". A orde coincide coa denuncia feita pública onte pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) sobre a "presión que están exercendo parte dalgúns membros do Corpo de Inspectores para impedir informar as nais e os pais, diante da enquisa que promove a Consellería de Educación", logo de que decidisen distribuír nos centros os trípticos informativos: As linguas suman.

---
Ler noticia en Vieros 12-06-2009

Educación prohibe actos informativos sobre as enquisas lingüísticas

A consellaría pídelle aos directores que informen á Inspección de calquera campaña nos centros. Os sindicatos consideran que o Goberno quere “amordazar” o profesorado no proceso de reforma do decreto.
“Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa”. Este parágrafo, que figura nunha circular enviada nas últimas horas pola Consellaría de Educación aos centros, está a provocar un considerábel malestar entre o profesorado.

dijous, 11 de juny del 2009

A Consellaría de Educación pretende prohibir ao profesorado informar sobre o inquérito sobre o galego

Ler informe da CIG 11-06-2009

A Consellaría de Educación pretende que o profesorado non poida emitir a súa opinión sobre a chamada “consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia”, vulnerando un dos dereitos fundamentais como é o da liberdade de expresión, impedindo ao alumnado a consecución de obxectivos fundamentais - recollidos na lexislación educativa como o de “exercer a cidadanía democrática desde unha perspectiva global e adquirir unha conciencia cívica responsable”- e convertendo os centros nunha canle de pensamento único e adoutrinamento parcial e sesgado.

O galego e o ensino da ciencia

Ler noticia en Vieiros 11-06-2009

O colectivo que reúne os ensinantes de Ciencias en Galiza achega un documento onde rexeita as argumentacións de quen considera o galego un problema nas aulas.

Achegámoslles íntegro o manifesto enviado pola xunta directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte anos e que conta con case un milleiro de profesores e profesoras no ámbito da Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía

As Galescolas desaparecen da internet

Ler en Vieiros 11-06-2009

O Goberno xa fixo desaparecer as Galescolas. Polo menos, na internet. O dominio galescolas.net xa non está operativo e, no seu lugar, redirixe a escolasinfantis.net. Os contidos do novo portal seguen a ser, visualmente, iguais ca os da anterior etapa, mesmo con referencias ao termo "Galescola" nas súas novas. Porén, o logotipo modificouse consonte a nova denominación e cun diferente tipo de letra, máis convencional.

Pronunciamento da Aelg en favor do Documento para a defensa do galego no ensino

Ler comunicado na web da Aelg 11-06-2009

Perante as medidas involucionistas do actual goberno da Xunta de Galiza, cara á lingua galega, idioma propio do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada eliminación da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, a AELG quere adherirse ao documento presentado e ratificado por colectivos sociais, profesionais e sindicais.

Subscribimos os puntos deste pronunciamento na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.

A AELG convida aos escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa.

¿Existe un conflicto lingüístico?

Ler artigo en Faro de Vigo 11-06-2009

¿Hay un conflicto lingüístico en Galicia? En la calle no, pero sí en la esfera política, derivado del compromiso electoral del PP de derogar el decreto del gallego en la enseñanza y eliminarlo de las oposiciones a la Administración autonómica. Al menos esto es lo que piensa la mayoría de los escritores y editores encuestados. Pero también hay quien cree, como la novelista Marta Rivera, que la confrontación ha bajado a la sociedad y que la mejor prueba de ello son las amenazas y pintadas contra la presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. "Ahí está la respuesta", sentencia.

Los psicólogos critican la consulta del gallego y ven riesgo de fractura social

Ler noticia enteira en El correo gallego 11-06-2009

Mañana todas las familias con hijos en edad escolar habrán recibido la encuesta con la que la Consellería de Educación pregunta sobre la lengua en la que desean que aprendan a leer y escribir o reciban las materias que ahora se imparten obligatoriamente en gallego, el 50%. La nueva Xunta sostiene que la lengua de Galicia se ha impuesto en la escuela y asegura que quiere lograr el consenso, pero las voces críticas con su política lingüística aumentan. La última en hacerse oír es la de los psicólogos. El Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia emitió ayer un manifiesto, A interpretación dos soños, que asume la consulta como una pesadilla que amenaza "ó máis valioso dos nosos tesouros inmateriais" y subraya la importancia de que la escuela lo promocione.

dimecres, 10 de juny del 2009

Sindicatos e colectivos educativos unen voz a prol do respecto ao galego nas aulas

Ler noticia enteira en Vieiros 10-06-2009

Unha ducia de asociacións representativas da comunidade educativa xuntan esforzos para transmitirlle á sociedade a preocupación polos pasos recentes da Xunta.

Achegámoslles o posicionamento común acordado por estes colectivos:

"As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

Cultura recortará las ayudas y avisa que sólo subvencionará proyectos que sean "viables"

Ler noticia en Faro de Vigo 10-06-2009

El conselleiro Roberto Varela advierte de que se reducirán los gastos de representación externa y en viajes innecesarios. Subvenciones al audiovisual, al teatro, a escritores, a exposiciones, al fomento del turismo... "Hay que acabar con el concepto de que la Administración es una mera caja pagadora", sentenció ayer el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que anunció que su departamento revisará la política de subvenciones. A partir de ahora sólo se darán ayudas a aquellos proyectos que demuestren su "utilidad en términos de viabilidad práctica" y además se realizará un "seguimiento exhaustivo" del uso de estas partidas económicas.

La oposición denuncia una "carnicería" contra el gallego y el PP alerta de la "batasunización"

Ler noticia en Faro de Vigo 10-06-2009

Cada paso dado por la nueva Xunta para revisar los usos del gallego lleva consigo polémica. Ayer tocó en el Parlamento. El motivo fue la modificación, por un procedimiento abreviado, de la Lei de Función Pública para eliminar la obligatoriedad del examen de gallego en las oposiciones a la Administración autonómica. PSOE y BNG arremetieron contra la Xunta por considerar que está cometiendo un "auténtico atentado", un "ataque brutal" y una "carnicería" contra la lengua gallega y el PP, por su parte, alertó de la "batasunización" de la sociedad gallega que algunos están provocando a costa del idioma. La comparación con los radicales independentistas vascos la utilizó el número tres del PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, en alusión a las amenazas y actos vandálicos contra Gloria Lago, la presidenta de Galicia Bilingüe.

--
Tamén en La voz de Galicia 10-06-2009

La supresión de la prueba de gallego causa una agria disputa en O Hórreo

La vía rápida tomada por el Gobierno autónomo para modificar la Lei da Función Pública y eliminar así la prueba de gallego en las oposiciones a la Xunta desató ayer una agria disputa en el pleno celebrado en la Cámara de O Hórreo, donde la oposición cargó con dureza contra el PP por promover una «carnicería» contra la lengua propia de Galicia. Los populares intentaron sin mucho éxito serenar el debate, alertando de que la tensión generada en torno al idioma provoca la «batasunización» de la sociedad, que, según Rodríguez Miranda, se pone de relieve en ataques como el sufrido por la responsable del colectivo Galicia Bilingüe.

Los populares afirman ahora que no coinciden con las tesis de Galicia Bilingüe

Ler noticia en El País 10-06-2009

La política lingüística del PP continúa deparando sorpresas. Ayer, el diputado Antonio Rodríguez Miranda, además portavoz de la organización, afirmó que su partido "no coincide con Galicia Bilingüe". Atrás quedó la manifestación que la asociación viguesa contraria a la protección del gallego convocó el pasado mes de febrero en Santiago. Entonces, junto a los que reclaman la segregación de alumnos por idiomas en la escuela pública desfilaron el secretario general del PP y ahora conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, Corina Porro y Carlos Negreira. La ausencia de un Alberto Núñez Feijóo que respaldó la movilización se debió a un viaje a Argentina. La semana pasada, el conselleiro de Educación no cerraba definitivamente la puerta a la posibilidad de separar a los niños según la lengua elegida por sus padres.

Carta informativa que acompaña ao tríptico da ENDL

Seleccionando nas imaxes de abaixo podedes ler a carta informativa que acompaña ao tríptico que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística difundirá nos centros de ensino.

dimarts, 9 de juny del 2009

O tríptico que distribuirá a ENDL nos centros de educación

Nas imaxes de abaixo podedes consultar o tríptico que distribuirá a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) en todos os centros de educación públicos e concertados de Galiza para que os pais teñan información con criterios pedagóxicos á hora de cubrir as enquisas de Educación:

O que non din as enquisas

Ler noticia en Galicia-Hoxe 09-06-2009

A Coordinadora de Equipos de Normalización entregará nos centros de ensino un tríptico para informar os pais de que "o galego ten que ser tamén lingua de aprendizaxe"

As primeiras enquisas de Educación xa comezaron a chegar onte aos centros de ensino de Galicia, aínda que os seus equipos directivos xunto cos pais e nais dos alumnos só recibiron información sobre o proceso a través dos medios de comunicación. Por iso, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, fixo público un tríptico para as familias dos estudantes no que deixan claro con "datos rigorosos e estudos científicos" que "o galego ten que ser tamén lingua de aprendizaxe".

---

Ler noticia en Vieiros 08-09-2009

Os Equipos de Normalización alertan do perigo dunha “fractura social”

A coordenadora de docentes vai distribuir milleiros de dípticos en centros públicos e concertados para que os pais teñan información con criterior pedagóxicos para cubrir as enquisas de Educación.

La CIG interpone un recurso contra la consulta a los padres, al considerar que no tiene garantías legales

Ler noticia en La voz de Galicia 09-06-2009

La consulta a los padres que llevará a cabo la Xunta para saber en qué lengua quieren que estudien sus hijos sigue cosechando críticas. CC.OO. la tildó ayer de «tomadura de pelo», criticando su falta de rigor y que no se conozcan las garantías para controlar los resultados. En la misma línea se sitúa el recurso interpuesto por la CIG en la consellería, en el que demanda la nulidad de esta encuesta, pidiendo mientras tanto a la Xunta que paralice provisionalmente el proceso. La organización sindical alega que no se ha incoado (iniciar un proceso oficial) formalmente; no identifica claramente a los destinatarios de la consulta; el hecho de que un padre cubra tres formularios por tener tres hijos perturba los resultados; no es compatible con los principios de secreto y transparencia y deja en manos de niños la custodia de los cuestionarios, entre otros motivos. Todos ellos han llevado al sindicato a solicitar su nulidad.

dilluns, 8 de juny del 2009

Educación limita las preguntas a las materias que se dan en gallego

Ler noticia en El correo gallego 07-06-2009

Las familias podrán mostrarse partidarias de un modelo íntegramente en castellano, pero no en gallego.

Era la promesa electoral de Alberto Núñez Feijóo: consultar a los padres sobre en qué lengua quieren que sus hijos estudien las llamadas materias troncales. El presidente de la Xunta definía en una radio estas asignaturas como "las importantes", un desliz verbal que no agradó a los educadores. Pero estas son también las materias que desde los tiempos de Fraga se han elegido para llevar el gallego a la escuela, por lo que al limitar la consulta a ellas, en la práctica, las familias podrán expresar su preferencia por una enseñanza solo en castellano, pero nunca por un modelo íntegramente en gallego.

A AS-PG cre que a enquisa é "perversa e tendenciosa"

Ler noticia en Galicia Hoxe 08-06-2009

A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) rexeitou a consulta sobre o uso das linguas no ensino non universitario que promove a Xunta porque considerou que só "busca xustificar medidas regresivas que xa ten programadas de antemán contra o galego".

(...) Para a asociación, a iniciativa diríxese "contra o dereito irrenunciable de coñecer o idioma propio". "Os dereitos non poden ser sometidos a consulta", aseverou, tras o que argumentou que o que trata o Executivo de Alberto Núñez Feijóo é "lexitimar a posición duns poucos, aínda que poidan ser varios millares". Por outra banda, destacou que na medida en que presentou o venres a Xunta "nin sequera existen garantías plenas de participación", polo que "non establece ningún tipo de control".

--

Comunicado na web da AS-PG 07-06-2009

A AS-PG rexeita a consulta aos pais e nais prevista pola Consellaría de Educación

Derrogar un Decreto é unha potestade do Goberno, mais facelo con prepotencia en base a consultas enganosas é unha actitude de desprezo propia de modelos despóticos.

diumenge, 7 de juny del 2009

A música galega, pechada por reformas?

Ler noticia en Vieiros 03-06-2009

Soaba Quedamos nesa Praza, de Som do Galpom, a derradeira canción do Aberto por Reformas de Xurxo Souto, e un convite para o futuro, para seguir traballando, seguir loitando pola música galega. O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".

Manifesto básico pola defensa da RTVG publicado no foro de Komunikando 06-06-2009

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador