O BNG insta á Xunta a reclamar a devolución das axudas concedidas aos medios de comunicación que non cumpran coas “obrigas contraídas” para o fomento do galego a través da resolución da Secretaría Xeral de Comunicación.
O deputado nacionalista Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que critica que “os medios que máis axudas reciben” son os que “mostran un comportamento abertamente contrario” aos criterios establecidos para o fomento da lingua, e afirmou que, “en ocasións”, fan un “combate aberto á identidade” de Galicia.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada