Ler en Galicia Hoxe 06-08-2009
O idioma é a construción da palabra. A través da palabra descubrimos o mundo, percibímolo, posuímolo, habitámolo, transmitímolo; facémolo a través do idioma, que son as nosas palabras, as que percibimos como nosas, como íntimas. O idioma, calquera idioma, é, sen comparación, a maior riqueza inmaterial que posuímos como seres humanos, porque é o que nos habilita como persoas, como seres racionais. Desprezar un idioma, calquera idioma, como fan os que desprezan o galego, só pode ser resultado dunha ignorancia e dunha perversidade inmensa.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada