O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dijous, 18 de juny del 2009

Docentes de Filoloxía Galega en Barcelona critican a política lingüística

Ler en Vieiros 18-06-2009

O equipo docente de Filoloxía Galega das universidades de Barcelona e Autònoma de Barcelona amosou a súa preocupación polas medidas adoptadas pola Xunta arredor da lingua. Nun comunicado que lle enviaron a Alberto Núñez Feijoo e mais ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, afirman que a política do Goberno está a "favorecer a desprotección da lingua en ámbitos sociais como o ensino non universitario e a función pública, onde é unha obriga legal a súa promoción".

Ler o manifesto enteiro

O BNG denuncia que a Xunta elimina o galego do CGAC

Ler en A Nosa Terra Diario 18-06-2009

A responsábel da área de Cultura do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón, alertou hoxe de que a programación do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para o próximo ano 2010, que coincide coa celebración do Xacobeo, está 'paralizada' pola designación do director do centro, para a cal o 'galego non é nin mérito nin requisito'. Esta circunstancia constitúe, para a deputada nacionalista, un 'paso máis' do Goberno actual para a 'eliminación' da lingua e cultura propias.

Primeiro fallo xudicial contra a enquisa do galego

Ler en A Nosa Terra Diario 18-06-2009

O fallo do Superior sinala que os actos informativos, as reunións e a difusión de puntos de vista distintos aos da consellaría non entorpecen, obstaculizan ou dificultan a consulta. A sentenza tamén estima que a instrución non se pode ler no sentido de restrinxir o dereito á información e a liberdade de información, por iso non procede a suspender a instrución citada, senón a indicar que esas acción non constitúen un atranco á enquisa e son legais.

Conferencia de Juan Carlos Moreno sobre o nacionalismo lingüístico español

Conferencia de Juan Carlos Moreno, catedrático de lingüística na Universidad Autónoma de Madrid, que leva por título: "La Lingüística y el nacionalismo lingüístico español" dentro do marco da Jornada 10 Anys de Filologia catalana a la UOC.


GBilingüe ve indecente el plan de normalización impulsado por Fraga

Ler en El Correo Gallego 18-06-2009

El conselleiro de Educación lo calificó hace unas semanas como un "remuíño de ideas" que no supone obligación legal alguna, a pesar de ser impulsado por el Gobierno del también popular Manuel Fraga, pero la definición de Jesús Vázquez suena dulce frente a la que ayer le dedicó la presidenta de Galicia Bilingüe. "Nos parece absolutamente indecente y antidemocrático, lo firmase quien lo firmase estaba equivocado", afirmó con rotundidad Gloria Lago a preguntas de los periodistas, tras su primer entrevista con Vázquez, en la que también estuvo el secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, uno de los redactores del plan.

¿Cuánto gallego está dispuesto a soportar?

Ler en El País 18-06-2009

Mañana finaliza el plazo que la Consellería de Educación nos ha dado a los padres para que respondamos a la encuesta de marras sobre el gallego, publicitada como la oportunidad de dar nuestro parecer sobre en qué idioma queremos que sean educados nuestros hijos. Sin embargo, analizando la que el escritor Santiago Jaureguizar llama Encuesta Cosmopolitan (tipo "¿crees en la fidelidad en la pareja?") por su simplicidad, lo que realmente se nos pregunta es cuánto gallego queremos que se quite de la enseñanza. O para decirlo con la sinceridad que aflora a la mínima entre los autores intelectuales del asunto, cuánto gallego estamos dispuestos a soportar.

"Irregularidades" en las encuestas

Ler en El País 18-06-2009

El conselleiro de Educación se mostró "muy concienciado y sensibilizado", segúnó Galicia Bilingüe, con las "irregularidades" en la consulta lingüística a los padres que la asociación ha detectado en 50 centros. "Muchas encuestas vienen grapadas con un tríptico de los Equipos de Normalización Lingüística que intenta condicionar la opinión de las familias", denunció Lago, "y algunos colegios obligan a los padres a presentar el DNI cuando entregan la encuesta [que es anónima]".

Unhas 200 persoas piden unha Xustiza en galego

Ler en Vieiros 17-06-2009

Arredor de 200 persoas concentráronse esta cuarta feira perante os xulgados composteláns. Deste xeito, amosáronlle o seu apoio á reivindicación da Mesa pola Normalización Lingüística a prol do uso do galego na Xustiza.

A enquisa da lingua no ensino pode custar 300 mil euros

Ler en Vieiros 17-06-2009

A consulta que está a desenvolver Educación sobre a lingua nos centros do ensino podería custar 300 mil euros. Segundo explicou a parlamentaria Carme Adán, esa enquisa non é "rigorosa" e asegurou que co seu custo poderíanse, por exemplo, asumir o custo dos arranxos en comedores de Vigo. Tamén criticou que a Xunta non dese aínda datos sobre ese "gasto real".

La Congapa pide más consultas a los padres y la oposición critica el gasto realizado

Ler en El Correo Gallego 18-06-2009

La nueva presidencia de la confederación de APA de centros privados, Confapa, reiteró ayer el apoyo de la organización a la encuesta del idioma y pidió la "colaboración de toda la comunidad educativa" en el proceso.

La confederación anima a los padres a participar "con libertad" en la consulta a que "no se dejen amedrentar ni influir por quienes les quieren privar de sus derecho a decir lo que piensan". La Congapa, que ha elegido a Jorge Villarino como nuevo presidente, pide además que tenga continuidad y se pregunte a las familias por otros temas "relevantes", entre los que cita como ejemplo incluir el Bachillerato en el sistema de conciertos.

Gloria pisa a alfombra

Ler en Galicia Hoxe 18-06-2009

Hai boa sintonía entre a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que onte se compremeteu a estudar as súas peticións. Se nos guiamos pola versión de Educación, mesmo hai sintonía entre Lago e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, aínda que ela -probablemente máis sincera polo regalo envelenado que lle levaba a Lorenzo- diga que os seapara "un abismo". ¿Cal era o regalo?Pois moi sinxelo: Unha"petición moi especial" -explicoulle a presidenta aos periodistas- digna das mellores intrigas cortesanas: que se retire unha guía de planificación enviada polo bipartido e redactada, entre outros, por Anxo Lorenzo.

O castelán aumenta os mártires

Ler en Galicia Hoxe 18-06-2009

Os tres grupos con representación na Cámara galega aprobaron onte por unanimidade unha iniciativa na que se expresa a "condena" a todos os "actos vandálicos" e a súa "solidariedade" co profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Miguel Cancio, que foi boicoteado na súa clase por un grupo de estudantes independentistas que pedían un ensino "só en galego". BNG e PSdeG apoiaron a proposta impulsada polo PPdeG, pero botáronlle en cara que de novo trate de "vincular o galego coa violencia".

Reunión baixo segredo

Ler en Galicia Hoxe 18-06-2009

Se pouco antes do Día das Letras, o plenario da Real Academia Galega (RAG) publicaba un contundente comunicado mostrando a súa preocupación polas decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta, a institución decidiu onte calar.

Os escritores galegos critican as medidas "involucionistas" do PP

Ler en Galicia Hoxe 18-06-2009

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) considera "involucionistas" as medidas adoptadas polo Goberno galego respecto da derrogación do decreto do galego no ensino e a decisión de modificar a Lei de función pública para eliminar a obriga de realizar na lingua do país como mínimo unha proba de acceso nas oposicións da Administración.

Galicia Bilingüe di á Xunta como esquivar o decreto vixente

Ler no Xornal 18-06-2009

Na maña de onte, mentres o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, se entrevistaba con membros da Real Academia Galega, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, facíao coa presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. Namentres o líder dos populares galegos manifestaba que a institución dirixida por Xosé Ramón Barreiro coñecerá o próximo decreto do galego no ensino antes da súa aprobación definitiva e que se convertirá “nun referente na promoción da defensa do idioma”, o conselleiro de Educación atopábase “moi receptivo” as peticións de Galicia Bilingüe segundo a súa presidenta.

Feijoo entregará a la Real Academia el decreto del gallego antes de aprobarlo

Ler en Faro de Vigo 18-06-2009

La Xunta "garantiza" a la Real Academia Galega que conocerá el contenido del decreto del uso del gallego en la enseñanza cuando esté elaborado y antes de su aprobación definitiva. No obstante, la Real Academia Galega no parece satisfecha con la política lingüística defendida por la Xunta y, en concreto, con esa polémica reforma legislativa. Al menos así lo reflejaban los semblantes serios y descontentos del presidente de la institución, Xosé Ramón Barreiro, y de su secretario, Xosé Luis Axeitos, al salir ayer de una entrevista de más de una hora de duración con el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo.

dimecres, 17 de juny del 2009

Comunicado do equipo docente de Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona e da Universitat Autònoma de Barcelona

Comunicado enviado o 17 de xuño de 2009 ao Presidente da Xunta (con copia ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria):

O equipo docente de Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona e da Universitat Autònoma de Barcelona quérelle manifestar a súa fonda preocupación pola situación da lingua galega ante as medidas adoptadas ou anunciadas pola Xunta de Galicia. Estas medidas na nosa opinión só poden favorecer a desprotección da lingua en ámbitos sociais como o ensino non universitario e a función pública, onde é unha obriga legal a súa promoción por parte do goberno autonómico.

Sumámonos aos argumentos manifestados polos Departamentos de Filoloxía Galega das tres universidades de Galicia nesta cuestión e, dende a nosa posición como profesionais fóra de Galicia, gustaríanos achegar algunhas consideracións para a reflexión.

Coidamos que a imaxe que Galicia quere proxectar de si mesma cara ao exterior é fundamental, non só para a axeitada difusión da nosa cultura, senón tamén para a promoción económica e social dunha imaxe de marca que debe aspirar á solvencia e á calidade. Neste senso, a desvalorización do propio patrimonio que se pode percibir a través deste proceso que cuestiona desde dentro a importancia da nosa lingua, parécenos que só pode conducir ao descrédito para a imaxe xeral do país.

Nunha situación de desigualdade manifesta cara á lingua galega, para a súa preservación, é absolutamente necesario que haxa un trato compensatorio da lingua máis desfavorecida. Tratar de maneira idéntica situacións de desigualdade pode ter efectos contrarios á convivencia de lingua. Ningunha escolla lingüística é posible se non se ofrece máis de un elemento para realizala. Xa que logo, o falante de galego debe ter garantidos os seus dereitos.

Existe a falacia de que os pais deben escoller a lingua na que os seus fillos deben ser educados no ensino público, apoiándose nos dereitos individuais. Non se ten en conta que, como ben explica Isidor Marí: “cadaquén de nós só pode exercer os seus dereitos persoais se a colectividade na que vive lle proporciona a oportunidade de facelo. O noso dereito ao traballo depende da organización do mercado; o noso dereito á saúde do sistema sanitario; o noso dereito a escoller a lingua en que queremos ver unha película ou mercar un programa de ordenador non é máis que unha ficción se o marco xurídico non garante que haxa oferta na nosa lingua”. A persoa só pode exercer os seus dereitos no seo dunha sociedade.

Se a lexislación e as actuacións públicas dan un trato preferente ao galego sen dúbida hase conseguir unha sociedade de individuos plurilingües; en cambio se actúan perseguindo un bilingüismo equilibrado chegarán a reducila ao monolingüismo en castelán.

O equipo docente de Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona e da Universitat Autònoma de Barcelona

Barcelona, 17 de xuño de 2009

Os/as profesores/as de lingua castelá difunden un manifesto de apoio ao galego e rexeitan tamén a consulta de Educación

Ler na web da CTNL 17-06-2009

Un grupo de profesores e profesoras de lingua castelá fixo público un manifesto de apoio ao galego e no que cuestionan a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se trasluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa. O manifesto está aberto ao apoio do profesorado de lingua castelá.


Máis información en Maio Longo

El PP denuncia que un colegio de Ferrol reparte un tríptico de A Mesa junto con la encuesta

Ler en Soitu.es 16-06-2009

El senador del Partido Popular Juan Juncal ha acusado a la dirección del colegio Isaac Peral de Ferrol de intentar influir en el resultado de la encuesta de la Consellería de Educación sobre el uso del gallego al repartir junto a esta un tríptico de A Mesa pola Normalización Lingüística.

Según el político popular, en el tríptico distribuido en este colegio ferrolano "se habla de forma tendenciosa" sobre este proceso, y acusa a la dirección del centro de "intenta imponer una opción frente a la libertad de educación que propugna el PP y la Xunta".

A Xunta comprométese a garantir que a Real Academia Galega sexa a institución referente na promoción e defensa da lingua

Ler en Novas da Xunta de Galicia 17-06-2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse hoxe a garantir que a Real Academia Galega (RAG) sexa a institución referente na promoción e defensa da lingua. Así o trasladou o máximo mandatario autonómico durante o encontro que esta mañá mantivo en San Caetano cunha delegación de membros da Real Academia Galega, encabezada polo seu presidente, Xosé Ramón Barreiro.

El STEG critica la retirada del plan de inmersión en gallego en infantil

Ler en La voz de Galicia 17-06-2009

El sindicato STEG criticó ayer la supresión por parte de Educación del programa de ayudas para crear aulas de infantil en gallego en entornos castellanohablantes. La organización sindical explica que con esta medida el Gobierno va en contra de la libertad de elección que dice defender, ya que este programa es voluntario y debe ser autorizado por los padres. Mañana, Xunta y sindicatos debaten la orden que regula el segundo ciclo de infantil, en la que se recoge que el alumnado será escolarizado en la lengua materna.

Que gracioso! Una francesa que habla gallego?

Carta emotiva dunha francesa que fala galego ao director de La voz de Galicia, recollido en Chuza 17-06-2009

Colegios e institutos remiten a los alumnos cartas en defensa del gallego y contra la consulta a los padres

Ler en La voz de Galicia 17-06-2009

Muchos alumnos están recibiendo en sus casas estos días cartas en las que se explica la importancia que tiene el gallego en la escuela, y sugerencias de cómo cubrir la encuesta a los padres que ha remitido la Consellería de Educación. En otros casos simplemente se da información en los propios centros, sobre documentos aprobados por los claustros y los consellos escolares.

Idiomas autonómicos y otros obstáculos en la sanidad

Ler en El Mundo 17-06-2009

¡Cómo ha encogido España! Al menos ésa es la impresión que me dio cuando me senté con un mapa a elegir dónde trasladarme después de tantos años fuera. De origen castellano y abierta de miras, me atraía igual una autonomía que otra; sin embargo para mi sorpresa y decepción, no se daba la situación recíproca. Alguien como yo no es bienvenido en una gran parte del país por hablar 'solamente' español (¿o ya no se llama así?).

En varias autonomías le dan mucho más valor a hablar su lengua que a cualquier otra cosa para acceder a una plaza en la sanidad pública. Veamos por ejemplo el País Vasco: hablar Euskera vale 17 puntos mientras que hablar inglés, francés y alemán juntos vale cinco puntos, diez años de catedrático 1,25 puntos, e impartir diez ponencias internacionales 3,50.

29 millones para Galicia por tener lengua propia

Ler en El País 16-06-2009

En medio del debate sobre financiación autonómica, el jefe del Ejecutivo, José Luis Rodríguez Zapatero, recibió ayer en La Moncloa al nuevo presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tras el encuentro, el mandatario gallego anunció que la comunidad recibirá 29 millones de euros adicionales del Estado por tener una lengua propia. Feijóo se comprometió a evitar la lucha partidista, pero recomendó a Zapatero que prorrogue el acuerdo vigente si las negociaciones se tuercen.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador