O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 5 de juny del 2009

A Deputación de Pontevedra paraliza a compra de libros galegos

A Deputación de Pontevedra rompeu sen dar explicacións o convenio que mantiña coas editoriais da provincia polo que dende hai 20 anos mercaba libros para dotar as bibliotecas públicas. Segundo a Asociación Galega de Editores esta medida tómase nun momento difícil para os libros en lingua galega e moi especialmente nun momento en que a crise está a afectar ao sector do libro e da industria editorial e que agora se ve moi dificultada pola falta de apoio á lingua galega.
Ler a noticia en Vieiros 02-06-2009

En relación ao libro en galego, na nosa terra diario publicouse o mes pasado unha interesante noticia sobre como o retroceso na lingua afectaría gravemente ás editoriais. Ler en A nosa terra diario 24-05-2009

O ministro de Xustiza critica a política lingüística da Xunta

Ler a noticia enteira en El Progreso 31-05-2009

O ministro de xustiza, Francisco Caamaño, denunciou publicamente a política lingüística que está sendo tomada pola Xunta de Galicia. Manifesta o seu desacordo coa intención da Xunta de eliminar a obrigatoriedade do galego nas oposicións: os candidatos a unha praza pública poderán escoller entre galego e castelán para realizala e só acreditarán o coñecemento de galego a través dun título acreditativo (CELGA) ou dunha proba específica (máis información aquí). Esta medida non garantiza que o funcionario galego teña plenas competencias á hora de dirixirse en galego a quen o solicite.

dimarts, 2 de juny del 2009

Primeiro borrador do decreto

Sae á luz o primeiro borrador do decreto que regulará o emprego do galego no ensino durante a lexislatura do PP en Galiza.
Ciencias Sociais sería impartida en galego e Matemáticas en castelán. A lingua vehicular do resto das materias será elección dos consellos escolares dos centros.

Máis información en Vieiros 01-06-2009

divendres, 29 de maig del 2009

O ensino en galego é un dereito, non un capricho dos políticos

O pasado 17 de maio creouse a asociación “Galiza co Galego”, co obxectivo de consolidar unha rede cooperativa de escolas en galego, dende a iniciativa privada pero sen ánimo de lucro. Estas escolas ofertarán un ensino onde a lingua vehicular será o galego.

Máis información en A Nosa Terra 27 de maio de 2009
ou nos seguintes enlaces onde atoparedes o manifesto e uns formularios para adherirvos á proposta:

- limiargalego.blogspot.com
- limiarlibros.com

dijous, 28 de maig del 2009

Científicos galegos no exterior en defensa da lingua

Publicado en Vieros 27 de maio de 2009

Un grupo de nove científicos galegos vinculados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (un dos máis prestixiosos do mundo) acaba de dar un importante (polo seu simbolismo) paso adiante en defensa da lingua do país. Nun manifesto que remiten a Vieiros subliñan que, contra o que sosteñen algúns, o galego é un idioma plenamente válido para a investigación científica.

O manifesto íntegro:

Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN

Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.

En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.

O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.

No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,


Pódese consultar a noticia aquí

dilluns, 25 de maig del 2009

Parte de guerra de nuestro invicto caudillo tras la Mesa General del 22 de mayo

Publicado en CIG-Autonómica o 24 de maio de 2009

Con viento de levante y cubiertos por el plúmbeo manto del cielo de nuestra querida región gallega, el día 22 de mayo del año del señor de 2009, onomástica de Santa Rita de Casia, bajo cuya divina protección y designios nos hallamos, septuagésimo tercero aniversario de la Victoria en nuestra Cruzada Nacional, las gloriosas fuerzas nacionales guiadas por nuestro caudillo Alberto Feijoo, capitaneadas por el Director General de Función Pública José María Barreiro Díaz, y apoyadas fervorosamente por el frente sindical CSIF, ejecutaron el primer paso del plan cuidadosamente elaborado por nuestros aliados bilingües de Rosa Diaz y Falange Auténtica, adalides de la sacrosanta unidad de la Nación Española, por la gracia de Dios.

Noticia completa aquí

Chegou o primeiro ataque do PP á lingua de Galiza

Publicado en CIG-Autonómica o 19 de maio de 2009

Na primeira Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (máximo órgano de "negociación" entre representantes dos empregados e empregadas públicos cos responsabeis políticos da Xunta), chega a primeirísima preocupación do PP, o primeiro ataque á lingua propia de Galiza.

O punto único da Orde do Día será a sua resposta á demostración cívica do domingo 17 de maio: Anteproxecto de Lei de reforma da Lei da Función Pública, polo que eliminan a mínima demostración de capacitación dos empregados públicos para atenderen en lingua galega aos cidadáns. Quere o PP retirar a obrigatoriedade, mínima, de que os empregados/as públicos demostren que entenden un test en galego. Non vamos cara o vello artigo 33 da Lei Fraga, senon ao programa da extrema dereita fascista española-COPE. Un bo comezo do novo Director Xeral de Política Lingüística, contrario á carta europea das linguas minorizadas.

dilluns, 18 de maig del 2009

Imaxes da concentración

Mostrámosvos algunhas das fotos da concentración en defensa da lingua que se fixo en Barcelona. Un acto simultáneo e de apoio á manifestación histórica que se desenvolveu en Santiago de Compostela o 17 de maio.

A participación de Furafollas Agrupación Teatral e do Centro Galego de Barcelona foi determinante no bo desenvolvemento da concentración tanto na dinamización artística da concentración, como no apoio efectivo (solicitude de permisos) e económico, como na difusión do acto.


Paseo polas Rambles coas pancartas


Día da lingua galega


O fráxil edificio da lingua


Na Praça Reial


Nas Rambles


Lectura do manifesto


Recollida de sinaturas

dijous, 14 de maig del 2009

Festa reivindicativa



Espai Gallec organiza unha pequena festa reivindicativa para o venres 15 de maio como preámulo ao acto do 17 de maio. Proxectarase “Linguas cruzadas”, documental no que se afonda na situación sociolingüística do galego dende o punto de vista da mocidade, e a continuación “Defender a língua nom é delito, crónica do 8F”, curtametraxe que mostra os materiais gravados durante a contra-manifestación á convocada por “Galicia Bilingüe” en contra do galego. Para rematar, amenizarase a festa con música en galego.

Venres 15 de maio, ás 19:00h, no Espai Social Magdalenes (Magdalenes, 13-15, metro Urquinaona)

Domingo 17 de maio, ás 12:00h, nas Rambles 35-37 (ás 11h performance reivindicativa na Xina ART)

dimecres, 6 de maig del 2009

Entitats adherides

Col·lectius dels Països Catalans que donen suport i s'adhereixen a la convocatòria:
  • Furafollas Agrupación Teatral
  • La Xarxa d'entitats cíviques i culturals dels Països Catalans pels drets i llibertats nacionals
  • Plataforma pel Dret a Decidir
  • Fundació Societat i Cultura, FUSIC
  • Plataforma per la Llengua
  • Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions, CIEMEN
  • Federació d'Organitzacions per la Llengua Catalana
  • Gent de la Terra
  • Centro Galego de Barcelona
  • Nunca Máis de Catalunya
  • Filoloxía Galega, Universitat de Barcelona
  • Lectorado de Galego, Universitat Autònoma de Barcelona
  • Coordinadora d'Associacions per la Llengua catalana (CAL)
  • Omnium Cultural
  • FDG Cultural
  • Asociación Xoán de Requeixo
  • Centre Cultural Euskal Etxea
  • Revolta Global
  • Proxecto Galauda
  • Rede.cat
  • Foro cívico galego de Barcelona
  • Espazos radiofónicos galegos en Catalunya
  • Associació de Juristes en defensa de la Llengua Pròpia
  • Plataforma Universitaria pel Català
  • Galiza Nova Barcelona

dissabte, 25 d’abril del 2009

Pancarta no CGB


Para o día de San Jordi, realizouse unha pancarta co obxecto de anunciar á sociedade catalá a concentración que se fará o vindeiro 17 de maio. Foi pendurada no balcón principal do Centro Galego de Barcelona.
Tamén se repartiron follas co manifesto que se lerá o día da concentración e informouse a toda aquela xente que se mostrou interesada.

dijous, 23 d’abril del 2009

Manifesto/Manifest

Texto en galego
Os galegos e galegas residentes nos Països Catalans queremos manifestar o noso apoio á marcha en defensa da igualdade de dereitos para o galego que terá lugar en Santiago de Compostela o 17 de maio ás 12h, e expresar o noso desacordo co anuncio do novo goberno do PP de desmantelar os puntos básicos da oficialidade do galego.
Á parte, tamén denunciamos que nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de imposición do galego, presentando, con cinismo, o mundo ao revés.
Todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación.
Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente o galego.

Por todo isto, instamos aos galegos e galegas residentes nos Països Catalans e ao conxunto de toda a sociedade catalá a se manifestar o vindeiro 17 de maio ás 12h nas Rambles nº31, diante do Centro Galego de Barcelona.

MANIFESTO EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA

O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia sexa oficial a todos os efectos en Galiza. O pobo galego debe gozar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

A situación da lingua galega está moi lonxe de ser así:

1.Os galegos e galegas non gozamos de dereitos lingüísticos plenos para nos desenvolver con normalidade e dignidade na nosa lingua dentro da nosa terra. Somos os falantes do galego os que resultamos discriminados.
2.O galego é o que corre perigo como idioma e os galegofalantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza na que se chama bilingüismo ao que en realidade é un proceso de substitución lingüística. Unha situación na que a nosa lingua propia queda relegada ao folclore e ao ámbito familiar.

Por iso, resulta realmente indignante que haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Quen promove esta estratexia pretende encubrir a verdadeira intención que é asoballar a lingua galega para que os galegos e galegas acaben menosprezándoa, e así impor unha lingua non propia de Galiza.
A situación do idioma galego vese constantemente ameazada pola estigmatización á que son sometidos os galegofalantes. O proceso actual de normalización de usos do galego é insuficiente, e non pode garantir o dereito a vivir nesta lingua. Esta é xustamente a dirección proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

Por todo isto manifestamos que:

3.Correspóndelle ás institucións representantivas do pobo galego outorgarlle ao idioma o prestixio que merece como lingua propia do país, e esperamos o seu compromiso na defensa da igualdade plena de dereitos e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
4.Instamos á sociedade galega a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país e a defender un dereito humano elemental como é a reafirmación como pobo.
5.Seremos firmes, rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado da normalización tanto nas administracións públicas, como na vida social.

Texto en català

Els gallecs i gallegues residents als Països Catalans volem manifestar el nostre suport a la marxa en defensa de la igualtat de drets per al gallec que es farà a Santiago de Compostel·la el 17 de maig a les 12h, i expresar el nostre desacord amb l’anunci del nou govern gallec del PP de desmantellar els punts bàsics de la oficialitat del gallec.
També denunciem que durant els últims mesos s’ha anat repetint des de diversos grups de poder la fal•làcia que hi ha un procés d’imposició del gallec, cosa que presenta, cínicament, el món a l’inrevés.
Tots els estudis que hi ha fets sobre aquest tema desmunten aquesta mentida. El mateix Consell d’Europa va advertir en un informe contundent que a Galiza no es compleixen els tractats internacionals sobre drets lingüístics i que no hi ha garanties mínimes per a aquest idioma en sectors tan importants com l’ensenyament, els serveis públics, la justícia o els mitjans de comunicació.
Així mateix, la Real Academia Galega acaba de publicar un estudi que assenyala que en dotze anys s’ha reduït a la meitat el nombre de persones que fan servir el gallec com a llengua habitual.
Per tot això, instem els gallecs i gallegues residents als Països Catalans i al conjunt del poble català a manifestar-se el proper 17 de maig a les 12h al número 31 de les Rambles, davant del Cantre Gallec de Barcelona.

MANIFEST EN DEFENSA DE LA LLENGUA GALLEGA

El poble gallec té el dret que la seva llengua pròpia sigui oficial a tots els efectes a Galiza. El poble gallec ha de gaudir en el seu territori del mateix estatus legal que el poble castellà té en el seu.

La situació de la llengua gallega és molt lluny de ser així:

1.Os galegos e galegas non gozamos de dereitos lingüísticos plenos para nos desenvolver con normalidade e dignidade na nosa lingua dentro da nosa terra. Somos os falantes do galego estem discriminats.

2.El gallec és el que corre perill com a idioma i els parlants de gallec els que no estan degudament respectats. Vivim una gran injustícia segons la qual s’anomena bilingüisme a allò que és en realitat un procés de substitució lingüística. Una situació en què la nostra llengua pròpia queda relegada al folclore i a l’àmbit familiar.

Per això, resulta francament indignant que hi hagi qui pretengui convèncer la opinió pública que el castellà és en perill de desaparèixer i que al nostre país se’n discrimina els parlants. Qui promou aquesta estratègia pretén encobrir la veritable intenció que és soscavar la llengua gallega per tal que gallecs i gallegues acabin menyspreant-la, i així imposar una llengua no pròpia de Galiza.
La situació de l’idioma gallec es veu constantment amenaçada per l’estigmatització a què són sotmesos els parlants de gallec. El procés actual de normalització d’usos del gallec és insuficient, i no pot garantir el dret a viure en aquesta llengua. Aquesta és justament la direcció proposada pels que pretenen la imposició del castellà com a únic idioma amb drets i deures per als ciutadans a tot el territori de l’Estat.

Per tot això diem que:

3.Correspon a les institucions representatives del poble gallec atorgar a l’idioma del prestigi que mereix com a llengua pròpia del país, i esperem el compromís en la defensa de la igualtat plena de drets i en l’aplicació de mesures a favor que se’n normalitzin els usos. Per a aquesta tasca sempre tindran el nostre suport.
4.Instem la societat gallega a rumiar sobre la veritable situació del gallec en el seu propi país, i a defensar un dret humà elemental com és la reafirmació com a poble.
5.Ens mantindrem ferms contra qualsevol posicionament que persegueixi retallar drets o fer retrocedir el petit camí fet per la normalització, tant dins de les administracions públiques com en la vida social.

diumenge, 19 d’abril del 2009

Concentración/Concentració

Texto en galego
O día 17 de maio
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación en Santiago de Compostela. Un acto aberto a todas as organizacións e colectivos que queiran defender a lingua para conseguir a implicación e a concienciación da sociedade galega na reivindicación do seu idioma propio.

Os galeg@s que residimos en Barcelona queremos sumarnos a este acto necesario, polo que simultaneamente (ás 12 horas) realizaremos unha concentración nas Rambles diante do Centro Galego de Barcelona.

Un acto que pretende mostrar a nosa disconformidade coas medidas anunciadas por Núñez Feijoo en contra do ensino en galego, pero que tamén busca a solidariedade con todos aqueles que defenden o uso da lingua catalá, dadas as similitudes na discriminación histórica que sufriron ambas linguas. Queremos autoafirmarnos como galeg@s que residimos en Catalunya e que empregamos o galego e o catalán como linguas de comunicación.

A concentración será o vindeiro 17 de maio ás 12 horas nas Rambles (diante do Centro Galego de Barcelona).
Rambla Caputxins 37-39, Barcelona
Ver mapa


Text en català
El proper dia 17 de maig A Mesa pola Normalización Lingüística convoca una manifestació a Santiago de Compostel·la. Un acte obert a totes les organitzacions i col·lectius que volen defensar la llengua per assolir la implicació i la conscienciació de la societat gallega en la reivindicació del seu idioma propi.

Els gallecs que residim a Barcelona volem sumar-nos a aquest acte necessari. Per això, simultàniament (a les 12) realitzarem una concentració a les Rambles davant del Centro Galego de Barcelona.

Un acte que pretén mostrar la nostra disconformitat amb les mesures anunciades per Núñez Feijoo en contra de l'ensenyament en gallec, però que també busca la solidaritat amb tots aquells que defensen l'ús de la llengua catalana, per les similituds en la discriminació històrica que han sofert ambdues llengües. Volem autoafirmar-nos com a gallecs que residim a Catalunya i que utilitzem el gallec i el català com a llengües de comunicació.

La concentració será el proper 17 de maig a les 12 a les Rambles (davant del Centro Galego de Barcelona).
Rambla Caputxins 37-39, Barcelona
Ver mapa

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador